Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A UER CONVIDA A AUSTRALIA PARA PARTICIPAR EN EUROVISION JUNIOR

A Unión Europea de Radiodifusión confirmou onte vía Twitter que convidou á SBS (Special Broadcasting Service), a televisión australiana, para participar no Festival de Eurovision Junior que se celebrará o vindeiro 21 de Novembro en Bulgaria. 14 países xa confirmaron a súa participación no certame infantil. A televisión australiana todavía non se pronunciou ao respecto desta posible participación, tal como ocorreu este ano na edición senior, onde o país dos canguros obtivo un respectable quinto posto con Guy Sebastian .

RUSIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN EUROVISION JUNIOR

Vladislav Yaklovev, supervisor executivo do Festival de Eurovision Junior, confirmou onte que outro país confirmara a súa participación no certame infantil. Hoxe, confirmou que se trataba de Rusia. Con Rusia, son xa 14 os países que confirmaron a súa participación en Sofia, Bulgaria onde o día 21 de Novembro se celebrará o festival. A televisión pública rusa todavía non confirmou o método que empregará para elixir o seu representante, que intentará superar o quinto posto obtido o pasado ano en Malta.

POLINA GAGARINA INTERPRETA "A MILLION VOICES" NA GALA DA FIFA

Polina Gagarina, a representante rusa en Eurovision 2015 foi unha das convidadas da FIFA para estar presente na gala onde tivo lugar o sorteo preliminar para a Copa do Mundo de Fútbol 2018, que se celebrará en Rusia. Na gala, a cantante interpretou o tema "A million voices", acompañada dun coro de nenos. O sorteo estivo presentado por Dmitry Shepelev, portavoz dos votos rusos en Viena e Natalia Vodiánova, unha das presentadoras de Eurovision 2009.

 

MÅNS ZELMERLÖW, NO NÚMERO 1 DE "LOS 40 PRINCIPALES"

Hai unhas semanas contabamoslle que o gañador de Eurovision 2015, Måns Zelmerlöw, alcanzara o cuarto posto da coñecida lista de "Los 40 principales". Esta semana cumplíronse os mellores pronósticos e a canción "Heroes", xa é número 1 da popular lista, por encima de éxitos coma os de Lost Frequencies, DJ Snake e Chris Brown. Con esta semana, xa son oito as semanas que leva a canción gañadora da sesenta edición do festival de Eurovision nesta lista.

 

ARY MACEDONIA VOLVE A EUROVISION JUNIOR!

A MKRTV, o ente público da Antiga República Yugoslava de Macedonia, confirmou que volverá a participar en Eurovision Junior este ano, no que o certame se celebrará en Bulgaria. O país balcánico participou por última vez no certame infantil no ano 2013, obtendo o duodécimo posto da clasificación. O formato mediante o que se seleccionará o representante do país no festival junior todavía se descoñece. Sorte no retorno!

ERIC SAADE: "GIRL FROM SWEDEN", CANCIÓN DO VERÁN?

Dende o noso blogue queremos propoñer unha candidata a ser canción do verán. Trátase do tema "Girl from Sweden", interpretado polo representante de Suecia en 2011, Eric Saade. Unha canción divertida, festeira e moi apta para este verán. "I gotta, I gotta, I got a girl from Sweden!", o retrouso da canción imposible de olvidar e que fará que non pares de escoitala. Ademais, o canal Divinity xa emprega a canción do sueco nas promocións da última hora do reality show "Pasaporte a la isla". Aquí vos deixamos co videoclip da canción e ca interpretación en directo nun programa da televisión sueca TV4.

Videos: YouTube, TV4

MÓNACO NON VOLVERÁ A EUROVISION NO 2016

A TMC (Télé Monte-Carlo), a emisora estatal monegasca, confirmou que Mónaco non formará parte do Festival de Eurovision no vindeiro ano 2016. O pequeno principado mantivose durante 24 anos fora do certame, volvendo a participar en 2004. No 2006, o estado volveu retirarse alegando que "o voto político fai que Mónaco non teña posibilidades de clasificarse para a final". Dende entón, o país non volveu participar debido aos problemas económicos do canle. Malia iso, a emisora non descarta volver nun futuro ao Festival, cuxa primeira participación tivo lugar no ano 1959, gañando en 1971 con Séverine e a canción "un banc, un arbre, une rue".

ESLOVENIA CREA O "MINI EMA" PARA ELIXIR AO SEU REPRESENTANTE EN EUROVISION JUNIOR

A RTVSLO, a televisión pública eslovena confirmou a súa participación no vindeiro Festival de Eurovisión Junior que se celebrará o 21 de Novembro en Bulgaria. A cadea confirmou ademais a creación do "Mini EMA", a versión infantil da final nacional eslovena (EMA) para elixir quen representará ao país en Sofía. Os nenos de entre 10 e 15 anos deberán enviar as súas propostas antes do 31 de Agosto.

SUÍZA PARTICIPARÁ EN 2016 E ELIXIRÁ AO SEU REPRESENTANTE O 13 DE FEBREIRO

A televisión suíza de lingua alemá, a SRF, confirmou que si participará no Festival de Eurovisión 2016 que terá lugar en Estocolmo, Suecia. Ademais, a cadea pública confirmou, un ano máis, que elixirá ao seu representante mediante unha final nacional, organizada polas cadeas de televisión de lingua italiana (RSI), de lingua francesa (RTS) e de lingua alemá (SRF). O representante suizo coñecéremolo o día 13 de febreiro. O país non conseguiu clasificarse para a final este ano, quedando última na segunda semifinal ca canción "Time to shine" de Mélanie René.

BIELORRUSIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN ESTOCOLMO

A BTRC, a televisión pública bielorrusa confirmou a súa participación no vindeiro Festival de Eurovisión, a celebrar os días 10,12 e 14 de maio do 2016. Bielorrusia debutou no Festival no ano 2004 e leva participando cada ano dende o seu debut hai once anos. O seu mellor resultado foi no ano 2007 cando Koldun obtivo o sexto posto e 145 puntos, coa canción "Work your music". Este ano 2015, o país non conseguiu clasificarse para a final despois de ser representado polo dúo composto por Uzari e Maimuna interpretando a canción "Time". O país intentará pasar á final en Estocolmo, como o fixo en 2010, 2013 e 2014. O ente público todavía non confirmou de que maneira elixirá o seu representante.

Pág. 1/3