Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

MÓNICA NARANJO: "EUROVISION É A MAIOR MENTIRA DA TELEVISIÓN "

Señores e señoras, Mónica Naranjo volveu falar e falou do Festival de Eurovision. A cantante, unha das favoritas cada ano para representar a España en Eurovision, sincerouse nunha entrevista concedida a Bluper, tras ser anunciado que formará parte do curado da nova temporada de "Pequeños Gigantes" en Telecinco. Na entrevista afirmou "estar moi contenta con este novo traballo" no que tamen se sincerou dicindo que "os espectadores veranme chorar". Mais tarde, á cantante preguntouselle acerca de Eurovisión, unha plataforma na que sempre é reclamada para representar a España. A isto a nova xuíza de " Pequeños Gigantes" contestou "poden agardar sentados. Eurovision é a maior mentira da television" e engadiu "non entendín o resultado obtido por Edurne. Cando o vin dixenme, Pero que merda é isto?" E é asi como opina a cantante do festival, que este ano foi visto por 200 millóns de persoas en corenta e cinco países. Mónica, sorte nos teus novos proxectos! FONTE: Bluper

EUROVISION JUNIOR EN TWITTER: "CERTAMENTE ESPERAMOS QUE ESPAÑA PARTICIPE EN BULGARIA"

Ante a espera de noticias oficiais acerca da participación de España no Festival de Eurovision Junior 2015, que terá lugar en Bulgaria, e sen contestación vía Twitter por parte de TVE decidimos contactar ca conta oficial do certame infantil na rede social. Este blogue mediante a súa conta: @mundoeurovision redactou un tweet dirixido a @JuniorESCPress, coa seguinte pregunta: Will Spain participate in Bulgaria? (Participará España en Bulgaria). Minutos despois, a conta oficial do certame marcou coma favorito o noso tweet, citouno e contestou: We certainly hope so (Certamente esperamos que sí). Por un problema do site non podemos mostrarlle o tweet neste post, mais poden velo en Twitter: @mundoeurovision. Unha vez máis esperamos que España confirme a sua participación en Sofía. Agora, probaremos sorte preguntando acerca de Portugal.

A UER ESTUDA A POSIBILIDADE DE INVITAR UN PAÍS ASIÁTICO A EUROVISION 2016

A Unión Europea de Radiodifusión baralla a posibilidade de invitar un país asiático ao vindeiro festival de Eurovision, que terá lugar os días 10,12 e 14 de maio do 2016. A noticia salta despois de que na asamblea da ABU, o equivalente da UER en Asia e Oceanía se debatise a colaboración do organismo europeo co asiático-oceánico en diversos temas así como dar a coñecer os países membros da ABU no continente europeo. Este ano o Festival de Eurovision xa contou cun invitado estrela: Australia. O país oceánico foi representado por Guy Sebastian e a canción "Tonight Again", quedando no posto número 5 da gran final. Veremos a países coma China, Xapón ou a India participando no festival máis famoso do mundo? Cabe recordar que este ano rumoreuse a posibilidade da participación chinesa en Suecia co canal Hunan TV, que emite o festival en China, Hong Kong e Macao. Ainda que máis tarde isto foi desmentido por Jon Ola Sand, supervisor executivo do ESC. A que país lle gustaría ver en Eurovision? Vostedes opinan. FONTE: Eurovoix, ABU

A TELEVISIÓN ALEMÁ DESMINTE OS CAMBIOS NA SÚA FINAL NACIONAL

Despois de que varios portais, entre eles Mundoeurovision, se fixeran eco dos cambios que se iban a producir na Final Nacional alemá de cara ao Festival de Eurovision 2016, o ente público do país (NDR) desmentiu tales cambios no formato do "Unser song für Schweden". Dita noticia saltou mediante unha web italiana adicada ao Festival, polo que varias páxinas publicamos a noticia. Entón, empregará a NDR o mesmo formato que ata agora? Ou decantarase por unha Elección Interna tralos discretos resultados? Desculpen o erro e seguirán informados.

CONCERTOS DE MÅNS ZELMERLÖW EN ESPAÑA

Atención! Fans de Eurovisión e do sueco Måns Zelmerlöw, o gañador de Eurovision 2015 chega a España en Novembro para encadilar aos seus seguidores en dous concretos, tanto en Madrid como en Barcelona, onde o cantante é propietario dun apartamento no barrio condal de El Raval. Na capital española, dará o seu concerto o día 3 de Novembro en La Rivera, mentras que na cidade condal será ao día seguinte, o 4 de Novembro, na discoteca Razzmattaz, polo que só poderán acudir a este concerto os maiores de 18 anos. As entradas estarán á venda, este venres 17 de xullo, en Live Nation, Ticket Master e nos grandes almacéns El Corte Inglés. Así que xa saben, non fagan plans porque en Novembro o "heroe de Eurovision" chega a España.

IMAXE: SVT.SE

VOLVERÁ ESPAÑA A EUROVISION JUNIOR?

Hai unhas semanas, varios portais especializados en televisión facianse eco da posibilidade dun retorno por parte de TVE ao certame infantil, e que a cadea pública estaba a traballar no retorno do país a Eurovisión Junior este ano, que se celebrará en Bulgaria. Malia a iso, pasaron as semanas e continua sen haber novidades ao respeto nin confirmación oficial por parte de Televisión Española. España gañou o festival infantil por primeira vez no ano 2004 coa canción "Antes muerta que sencilla" de María Isabel e a súa peor clasificación foi un cuarto posto. RTVE retirouse do festival dicindo que "non compartían os estereotipos que creaba o festival". En cambio, La 1 de TVE ten na súa programación programas coma o talent culinario "Masterchef Junior", nos que os nenos e nenas son os principais protagonistas. Ademais, Diego Domínguez, un dos representantes de España no Festival declarou a formulatv.com que "España debería volver ao Eurojunior. Eu vivino coma un hobby e en ningún momento foi unha explotación". Agardamos que TVE confirme si participará ou non en Bulgaria. Seguirán informados...

IMAXE: EUROVISIONJUNIOR.TV

MICHAEL VAROSYAN REPRESENTARÁ A ARMENIA EN EUROVISION JUNIOR

A televisión pública armenia acaba de presentar o representante do país do Caucáso no Festival de Eurovisión Junior, que terá lugar o día 21 de Novembro en Bulgaria. Michael xa participou en varias ocasións na final nacional do país, na que se escollía o representante armenio no certame infantil. Esta vez o primeiro canle armenio decidiu elixir de maneira interna a Michael Varosyan, de 12 anos de idade, que xa gañou varios premios, dende que se fixera coñecido no mundo da música armenia con tan só 6 anos. A canción coa que representará ao país no concurso infantil será desvelado en breve.

ALEMAÑA: NOVO FORMATO PARA A FINAL NACIONAL

Logo do null points obtido pola representante alemá en Viena, Ann Sophie, a emisora estatal ADR/NDR anunciou que haberá cambios no "Unser Song für Schweden", a final nacional na que se elixirá o representante do país en Estocolmo. Para facer estes cambios, o canal de televisión basouse na final nacional sueca, o coñecido Melodifestivalen. Ademais, o equipo da televisión alemá adicado a Eurovisión, dixo que "a selección de 2016 será unha auténtica revolución no país" e anuciou como funcionará esta final nacional moito máis renovada, que contará con catro fases: 1.ª Fase - Os interesados en participar na competición deberán presentar as súas cancións na plataforma online da emisora, entre o 1 de setembro e o 11 de outubro. 2.º Fase - Un xurado profesional escollerá un conxunto de candidatos que actuarán en seis espectáculos transmitidos polo canal Einsplus, entre novembro e decembro. 18 candidatos pasarán á seguinte fase, sendo selecionados por un xurado profesional. A 3.º fase contará cos 18 candidatos elixidos que serán divididos en tres espectáculos, cuxas datas previstas son os días 12, 19 e 26 de febreiro, onde serán selecionados os 12 candidatos para a Gran Final. Un destes doce candidatos xogaranse, o 3 de marzo, o título para representar ao país no Festival de Eurovisión 2016.

ISLANDIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN ESTOCOLMO

A televisión pública islandesa, a RÚV, acaba de confirmar a súa participación no vindeiro Festival de Eurovisión a celebrar no Globen Arena de Estocolmo. Islandia elixirá ao seu representante en Suecia mediante a súa final nacional, na que se elixiu a Maria Ólafs, a representante do país en Viena. Malia a facer unha moi boa actuación, non conseguiu clasificarse para a gran final, quedando no posto 15 da segunda semifinal con 14 puntos. A televisión dará máis detalles sobre a súa participación nas vindeiras semanas