Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

LITUANIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN EUROVISION 2016

O canal estatal lituano, a LRT confirmou hoxe a súa participación no vindeiro Festival de Eurovisión 2016, que terá lugar os días 10,12 e 14 de maio do 2016 na capital sueca. Ademais, a LRT confirmou a esctoday.com que empregará un método similar ao empregado no 2015 para elixir ao seu representante no Festival, que ondeará a bandeira lituana no escenario do Globen Arena de Estocolmo. Lituania intentará gañar Eurovision, no que participa dende 1994 e cuxo mellor resultado foi en 2006. O país foi representado no 2015, polo dúo composto por Monika Linkytė & Vaidas Baumila conseguindo o posto número 18 ca canción "This Time"

DESTINY CHUKUNYERE REPRESENTARÁ A MALTA EN EUROVISION JUNIOR 2015

Malta escolleu este sábado á súa representante en Eurovisión Junior 2015, que terá lugar o vindeiro 21 de Novembro en Bulgaria. Foron 20 os nenos escollidos para participar na final nacional maltesa, o Malta Junior Eurovision Song Contest, que contou ademais ca presenza de Gaia Gauchi (JESC 2013) e Federica Falcon (JESC 2014) así coma da representante do país no Eurovision Young Dancers. A noite rematou, ca elección por parte de público e xurado, de Destiny Chukunyere, coma abandeirada maltesa no Arena Armeec de Sofía, interpretando a canción "Thing" da gran Aretha Franklin. A canción coa que Destiny representará á illa mediterránea, será elixida de maneira interna pola televisión pública do país.

Vexa a sua actuación deseguida:

MÅNS ZELMERLÖW ALCANZA O NÚMERO 4 NA LISTA DE "LOS 40 PRINCIPALES"

Como cada mañá de sábado, Los 40 principales desvelou as entradas, baixadas e subidas da sua famosa lista composta por 40 cancións de diferentes estilos. O tema gañador de Eurovisión, o "Heroes" do sueco Måns Zelmerlöw entrou na lista hai unhas semanas sendo a entrada máis forte, posicionándose nada mais e nada menos ca no posto 22 de 40 cancións. Logo de seis semanas de fortes subidas, acadou esta semana o posto número 4, só por debaixo dos éxitos de Dasoul (#3), Major Lazer (#2) e Lost Frecuencias, que ocupa o número 1. Chegará o gañador de Eurovisión ao número 1 nas vindeiras semanas? Seguro que non tardará moito. Poden votar por el rexistrándose na seguinte ligazón: http://los40.com/lista40/ Seguirán informados...

UCRAÍNA PARTICIPARÁ EN EUROVISIÓN JUNIOR 2015

A NTU, televisión pública ucraniana oficializou hoxe a sua participación no vindeiro Festival de Eurovisión Junior, que se celebrará o 21 de Novembro en Bulgaria. Con Ucraína, son 12 os países que xa confirmaron a sua participación, co retorno de Albania e a retirada de Suecia e Chipre. Estes son os países, ata o momento, que pisarán o escenario do Arena Armeec de Sofía: Albania, Armenia, Bulgaria, Eslovenia, Xeorxia, o debut de Irlanda, Italia, Malta, Montenegro, os Países Baixos e Ucraína, que elixirá ao seu representante mediante un concurso nacional.

#mundoeurovision ⬇

Dende hoxe ti tamen podes colaborar na realización deste blogue, o primeiro en galego sobre o mundo de Eurovision. Axudanos a mellorar poñendo a noticia en twitter acompañada do hashtag #mundoeurovision. Exemplo: @abcd Noticia #mundoeurovision

A SVT ABRE UNHA ENQUISA PARA ELIXIR AOS PRESENTADORES DE EUROVISION 2016

A SVT (Sveriges Television) abriu mediante a sua páxina web, unha enquisa para elixir os encargados de presentar o Festival en 2016. A enquisa esta encabezada polo gañador de Eurovisión 2015, Måns Zelmerlöw, que xa presentou en algunha ocasión programas na SVT, que co 30% dos votos e o favorito para presentar o certame no Globe Arena. En segundo lugar atopase Petra Mede, presentadora de Eurovisión 2013 en Malmö (Suecia) e do especial "Eurovision's greatest hits" este ano. Cal é para ti o favorito? Vota aquí: http://www.svt.se/nyheter/inrikes/mans

ESTOCOLMO CELEBRARÁ EUROVISION NO 2016

A SVT, a televisión pública sueca e organizadora do certame no 2016, anunciou onte a cidade elixida, logo dun intenso e longo proceso de licitación. A cadea anunciou asi á capital da cidade, Estocolmo, como sede do festival no vindeiro mes de maio. Así mesmo, anunciouse que o Globen Arena acollerá o escenario do festival, cunha capacidade de 16.000 persoas. Dito recinto xa acolleu o festival no año 2000 e cabe destacar tamen que será a terceira vez que a cidade de Estocolmo celebre o festival mais famoso do mundo, visto por case 200 millons de persoas na pasada edición celebrada en Viena, cuxo gañador foi Måns Zelmerlöw representando a Suecia ca canción "Héroes" Así mesmo, queríamos pedirlles desculpas pola inactividade deste site. Desculpen as molestias

Pág. 3/3