Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

GRECIA PARTICIPARÁ EN ESTOCOLMO!

A ERT, a televisión pública grega, confirmou hoxe a súa participación no Festival de Eurovisión 2016. Ca confirmación grega de que si estará presente no escenario de Estocolmo, son xa 25 os países confirmados para a 61 edición de Eurovisión. En 2015, o país estivo representado pola cantante Maria-Elena Kyriakou quedando no posto 19 da grande final con 23 puntos. A cantante foi elixida para representar ao país nunha gala producida polo canle privado grego, MAD TV, aínda que non se confirmou se se volverá a empregar este método o vindeiro ano.

A REPÚBLICA CHECA PARTICIPARÁ EN EUROVISION 2016!

A República Checa confirmou esta mañá que participará na vindeira edición do Festival de Eurovisión, que se celebrará en Estocolmo en maio de 2016. A confirmación, que foi dada á web esctoday.com, non desvela que método empregará o país para elixir ao seu representante. O pasado ano, o país regresou ao festival logo de 8 anos ausente tralos malos resultados obtidos nos anos 2007, 2008 e 2009. En Viena, o dúo composto por Marta Jandová e Vaclav Noid Barta non conseguiu pasar a final, quedando no posto 14 da segunda semifinal.

 

RUTH LORENZO INTERPRETA XUNTO A ROKO A BANDA SONORA DE "CÁMBIAME PREMIUM"

Coa chegada da nova temporada televisiva, Telecinco desvelou as súas apostas máis fortes para o ciclo 2015-2016. Entre as novidades máis destacadas atópase o programa "Cámbiame Premium", un programa de cambio de imaxe presentado por Jorge Javier Vázquez, e que se convertirá no novo espacio do prime time do canle de Mediaset España. Ademais presentouse a cabeceira do programa, na que se pode escoitar á cantante Roko e á representante de España en Eurovision 2014, Ruth Lorenzo, cantando a canción "Mi gran noche" de Rafael. Esta versión, con un toque feminino e alegre xa soa nas promocións do programa, que contará ca presenza de rostros coñecidos coma Rocío Carrasco. Para máis información sobre o programa: www.telecinco.es/cambiamepremium

MARTA SÁNCHEZ: "NON DESCARTO IR A EUROVISION, CUNHA CANCIÓN MIÑA OU FEITA POR MIN"

Marta Sánchez concedeu esta semana unha entrevista á revista Diez Minutos, onde fala da súa posible candidatura para representar a España nas vindeiras edicións do Festival de Eurovision."Non descarto ir a Eurovision", di a cantante que recoñece que houbo un acercamento con TVE para participar, pero finalmente non se levou a cabo debido a problemas de axenda. A cantante mostra así o seu interese en participar no certame europeo e di que de facelo defendería a súa candidatura a morte. Ademais, sinala que "se o fixera tería que ser cunha canción miña ou feita por min". Este ano, antes de coñecer a elección de Edurne por parte de Televisión Española, era o nome da cantante galega o que soaba con máis forza e o propio José María Íñigo, comentarista do festival na cadea pública declarou que "a representante ideal de España é Marta Sánchez". Neste momento a cantante desempeña o papel de xuíza na edición ecuatoriana do talent show "The Voice".

EDURNE FORMARÁ PARTE DO XURADO DE "GOT TALENT ESPAÑA"

Telecinco anunciou onte os catro elixidos para formar parte do xurado da primeira edición de "Got Talent España", cuxa data de estrea todavía non foi anunciada. Os catro rostros elixidos pola cadea de Fuencarral son o presentador de "Sálvame", Jorge Javier Vázquez, o presentador de "La Voz", Jesús Vázquez, a cómica Eva Hache e a representante española en Eurovision 2015, Edurne. O programa, segundo avanzou Mediaset España, estará conducido por dous coñecidos rostros da cadea.