Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

MACEDONIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN EUROVISION 2016

A Antiga República Iuogoslava de Macedonia confirmou a súa participación na 61 edición do Festival de Eurovision, que terá lugar o vindeiro mes de maio en Estocolmo. A MRT, o ente público macedonio, confirmou ademais que non será o gañador do tradicional Skopje Fest o encargado de representar ao país na capital sueca, ainda que non desvelou cal será o método empregado para a elección. Na edición celebrada en Viena o país non logrou pasar á final sendo representado por Daniel Kajamjoski e a canción "Autumn Leaves". FONTE: kurik.mk

CHIPRE CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN EUROVISION 2016!

A televisión pública de Chipre confirmou a esctoday.com que participará na edición número 61 do festival de Eurovision, que terá lugar na capital de Suecia. A confirmación da illa mediterránea eleva a 27 o número de países que confirmaron a súa presenza no escenario do Globen Arena de Estocolmo, tras voltar ao festival o ano pasado logo da retirada en 2013 por problemas económicos. O país foi unha das sorpresas da segunda semifinal de Eurovision 2015, xa que o seu representante Giannis Karagiannis conseguiu o pase para a grande final. Giannis obtivo o posto número 22 con 11 puntos. O método mediante o cal se seleccionará ao representante da illa será anunciado nas breves semanas FONTE: esctoday.com

EUROVISION ÁS 20:00 HORAS?

A SVT (televisión pública sueca) estaría a propoñer un cambio no horario do festival de Eurovision, para que comece ás oito da tarde e non ás 21h, como ata agora. De acordo co rotativo sueco DN, a televisión organizadora de Eurovision 2016 presentaría dita proposta á UER, unha proposta que beneficiaría aos televidentes de países coma Xeorxia, no que o comezo do festival en televisión ten lugar as 0:00, algo que provoca unha menor audiencia e un menor seguimento por parte do público máis xoven. Martin Österdahl, produtor executivo do festival de Eurovision di que "a chegada dos novos países ao concurso fai que se poda pensar esa proposta debido ao inicio da emisión en países coma os do este, no que o festival comeza en torno á medianoite, algo que fai que os máis pequenos non sigan o festival debido o horario" Österdahl tamen anunciou que a edición 61 do festival contará cun orzamento máximo de 125 coroas suecas (13,3 millóns de euros) FONTE: DN

MÅNS ZELMERLÖW, A UN PASO DE PRESENTAR EUROVISION 2016

Segundo o popular diario sueco Aftonbladet, o gañador de Eurovision 2015, estaría a piques de firmar un contrato coa televisión pública do país nórdico (SVT) para presentar as galas da edición número 61 de Eurovision. O propio Måns, segundo publica dito diario, poñería varias condicións á televisión sueca para presentar o evento, entre elas, ser un dos presentadores principais do festival, sen quedar nun segundo plano como presentador da Green Room ou como invitado especial. O gañador de Eurovision na súa edición número 60 xa ten experiencia no ámbito de presentar eventos televisivos no seu país, tales coma o Melodifestivalen, do que formou parte como presentador nunha ocasión, así coma de outros programas. Ademais, o artista pediría a Sveriges Television formar parte das actuacións que se sucedan no Globen Arena de Estocolmo, interpretando algunhas das cancións do seu repertorio nas semifinais e na grande final do evento. Ata o momento nin o cantante sueco nin a propia televisión sueca fixeron declaracións sobre o tema, polo que haberá que agardar a unha confirmación oficial. Por outra banda, a SVT presentou un orzamento de 60 millóns de coroas suecas (6,365 millóns de euros) para a organización do festival, un orzamento menor ao presentado en anteriores edicións, pero que, segundo directivos da SVT, "non impedirá a realización dun festival de calidade". FONTE: Aftonbladet

ANDORRA NON VOLTARÁ A EUROVISION NO 2016

A Ràdio i Televisió de Andorra, o ente público do pequeno principado situado nos Pirineos entre España e Francia, confirmou que non voltará ao Festival de Eurovision no vindeiro ano 2016. Con este será xa o séptimo ano no que non vexamos a bandeira andorrana no escenario do festival, debido aos altos costos da participación, costos que o pequeno ente público non pode sufragar. 

O pequeno estado participou por última vez no ano 2009, o quinto ano no que competiu e no que obtivo un posto 15 na semifinal con tan só 8 puntos, sendo representado pola cantante Susanne Giorgi e a canción "La teva decisió (get a life)". O principado nunca conseguiu clasificarse para a final.

Andorra súmase así a Luxemburgo e a Mónaco na decisión de non participar na edición número 61 do festival, que se celebrará en Estocolmo o vindeiro mes de maio.

 

COMEZA A TEMPORADA EUROVISIVA

Chegou setembro e con el a temporada eurovisiva, por que? Pois porque a partires do día 1 de setembro, e dicir, hoxe a UER xa acepta a recepción das cancións que representarán aos países participantes no festival de Eurovision, que celebrará a súa edición número 61 o vindeiro ano 2016. A día de hoxe son xa varias as televisións públicas que xa comezaron a pensar no escenario do Globen Arena de Estocolmo, asi como na elección do seu representante no certame europeo. 25 países mostraron o seu interese na participacion no 2016, con dous países que se interesesaron en volver: Turquía e Ucraína. Polo momento o que toca é esperar xa que a UER non desvelará ata finais de ano a lista oficial de participantes. De momento decirlles que seguirán informados e desexarlles unha feliz volta á rutina!

Pág. 2/2