Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

O LÍBANO NON DESCARTA A SÚA PARTICIPACIÓN EN ESTOCOLMO

Segundo o portal eurovisivo escXtra.com, a televisión pública do Líbano (Télé Liban) non descartou aínda a súa participación no Festival de Eurovision 2016, que terá lugar en Estocolmo o vindeiro mes de maio. Mediante un correo electrónico, o ente libanés di: "Todavía non estamos seguros, polo que seguimos traballando en iso e manterémolos informados". O Líbano presentou a súa candidatura para participar no Festival de 2005, confirmando a súa asistencia e elixindo a Aline Lahoud como representante do país. Sen embargo, a televisión pública libanesa foi forzada a retirarse debido a que a lei do país non permite emitir imaxes relacionadas con Israel en televisión, polo que tivo que abandonar o evento logo de negarse a emitir a actuación israelí. ¿Será o país a grande sorpresa do vindeiro Festival? Seguirán informados FONTE: EscXtra

MOLDAVIA PARTICIPARÁ EN EUROVISIÓN 2016!

A televisión pública de Moldavia (TRM) confirmou esta tarde que estará presente na 61 edición do Fesival de Eurovision, que se celebrará na capital sueca o vindeiro mes de maio. Ademais, a TRM confirmou que o país elixirá ao sei representante o vindeiro 27 de febreiro, sendo elixido ao 100% por un xurado profesional, tendo lugar dúas semifinais os días 23 e 25 de febreiro. Moldavia eleva así o número de participantes a 40, unha cifra que poderá aumentar segundo vaian avanzando as semanas.

IVETA MUKUCHYAN REPRESENTARÁ A ARMENIA EN ESTOCOLMO

Na tarde do día de hoxe, 13 de outubro e como fora anunciado hai unhas semanas, a televisión pública de Armenia (ARMTV) desvelou o nome da súa representante, nome do que comezou a especularse trala publicación dun misterioso video onde se vía a sombra da que agora é a representante de Armenia en Eurovision 2016.

Iveta Mukuchyan, a elixida

Trátase de Iveta Mukuchyan, unha artista coñecida no país pola súa participación nun concurso televisivo do país e a posterior aparición en "The Voice of Germany", talent show onde comezou a ser coñecida fora do seu país natal.

“Estou moi feliz, agradecida e é toda un honra para min ser a elexida pola televisión de Armenia para representar ao meu pais en Eurovision 2016. Encántame o festival e é emocionante o reto de representar a Armenia sobre un gran escenario. O voso apoio é moi imporante para min, polo que espero que esteades todos apoiándome nesta viaxe tan importante”, son as palabras da artista que, emocionada, agradece a súa elección coma representante armena.

 

Polo momento haberá que esperar a coñecer a canción coa que Iveta representará ao país en Estocolmo e para a cal compositores e artistas poden enviar as súas propostas á televisión do país antes do 13 de novembro

RUTH LORENZO, ABRAIADA POLO APOIO RECIBIDO PARA REPRESENTAR A ESPAÑA EN ESTOCOLMO

A cantante murciana Ruth Lorenzo, que representou a España en Eurovision 2014 está nestes momentos inmersa na súa participación no programa "Tu cara me suena" de Antena 3, programa no que está a recibir moi boas críticas logo das súas actuacións imitando a artistas da talla de Lady Gaga ou Montserrat Caballé.

#RuthLorenzoAEurovisión

 Pero non só iso, xa que a cantante sigue sendo noticia no mundo eurovisivo. Nas últimas horas, tras coñecer o resultado da sondaxe realizada polo portal eurovisionspain.com na que se detalla cal sería o representante ideal de España no Globen Arena de Estocolmo, o hashtag #RuthLorenzoAEurovisión posicionouse como a tendencia máis importante do momento, convertíndose en trending topic. Moitos dos usuarios da rede social Twitter expresaron así o seu desexo de ver a Ruth Lorenzo volvendo a representar a España en Eurovision. 

Logo destas reaccións, a cantante amosouse abraiada nun tweet con catro coñecidos emoticonos e quixo agradecer todo o apoio recibido.

"Tu cara me suena", a súa xira e... a volta a Eurovision?

A cantante agarda ahora a que mañá, 13 de outubro, sexa publicado o videoclip do seu novo single, "99", do que publicou un pequeno avance nunha rede social, mentres continúa coas súas impresionantes actuacións no programa de Antena 3. Volverá Ruth a Eurovision?

 

BELLA PAIGE, REPRESENTANTE DE AUSTRALIA EN EUROVISION JUNIOR

A SBS (Special Broadcasting Service) anunciou o nome da súa representante no seu debut en Eurovision Junior. Trátase de Bella Paige, unha cantante de 14 anos de idade coñecida no país pola súa participación en "The Voice Kids". A xoven cantante demostrará o talento do país oceánico sobre o escenario de Bulgaria coa canción "My Girls", que intentará obter o triunfo no festival que se celebrará en Sofía en tan só corenta días

QUEN É O ARTISTA IDEAL PARA REPRESENTAR A ESPAÑA EN ESTOCOLMO?

A oito meses de que se celebre o Festival de Eurovision 2016, o portal web eurovisionspain.com realizou coma cada ano unha sondaxe denominada La Elección Interna na que os seus socios e un xurado profesional elixiron cal é o artista ideal para representar a España en Estocolmo.

Pablo López, o máis votado

Segundo esta enquisa o ideal sería que Pablo López representase ao país na 61 edición do evento. O artsita nado en Málaga é un cantante e compositor, coñecido pola súa participación no talent show Operación Triunfo en 2008 con grande éxito en España, que representou o inicio da carreira artística de cantantes coma Rosa López ou Edurne, representantes anteriores do país en Eurovision. Ademais, Pablo López foi nominado aos Grammy Latinos como  "Mellor novo artista" e conseguiu o número 1 das listas españolas coa canción "El mundo", que pode ver deseguido. No segundo e terceiro posto da enquisa atópanse Xuso Jones, que xa manifestou a súa intención de participar e Álvaro Soler, que triunfa coa canción "Bajo el mismo sol" xunto a Jennifer López. Máis abaixo atópanse artistas coma Ruth Lorenzo (Eurovision 2014) e Edurne (Viena 2015).

 

CANTOS PAÍSES PARTICIPARÁN EN EUROVISION 2016?

Onte, 10 de outubro, rematou o prazo proposto pola UER aos países membro para aplicar a documentación necesaria para a participación no Festival de Eurovision 2016.

 

Ata o día de hoxe, 38 países confirmaron a súa asistencia ao evento que terá lugar en Estocolmo, destacando os retornos de Bulgaria e Ucraína e a retirada de Portugal. Por outra banda, as incógnitas nestes momentos atópanse en torno ás participacións de Serbia e Turquía. En canto a Serbia, todo parece indicar que si estará presente en Estocolmo, logo de facelo ver na reunión que tivo lugar en Bulgaria cos países participantes en Eurovision Junior. En canto a Turquía, son moitos os rumores acerca da participación, e non existe confirmación oficial por parte da televisión turca. As dúbidas tamén existen en torno á participación de Croacia e Bosnia, que malia retirar a aplicación necesaria para participar, continuará na busca de fondos para sufragar a participación no evento, no que se retirou en 2013 por problemas económicos. Polo momento, haberá que esperar á lista oficial publicada pola UER.

BOSNIA E HERZEGOVINA RETIRASE DE EUROVISION 2016

A televisión pública de Bosnia e Herzegovina (BHRT) anunciou esta tarde a retirada da súa participación en Eurovision 2016 debido ás dificultades económicas do canle e a dificultade desta para encontrar patrocinadores que aporten fondos para o a participación do país no festival. Ainda que todo parece indicar a que o país non estará presente en Estocolmo, a BHRT anunciou que continuará na busca de patrocinadores para poder levar a cabo a participación e anuncialo antes de fin de mes. Esperamos poder ver ao país participando no festival que terá lugar en maio de 2016.

#WeWantPortugalinEurovision2016

Logo do triste comunicado emitido onte ao serán pola RTP, a televisión pública portuguesa, anunciando que non estará presente en Eurovisión 2016, foron diversas as reaccións ante a decepcionante noticia. Unha das reaccións máis destacadas e a creación dun hashtag pedindo a participación de Portugal no evento (#WeWantPortugalinEurovision2016).

Ademais os nosos compañeiros de ESC PORTUGAL recollen o pouco interese do ente público no evento europeo, ente que promete a súa participación en 2017. As opinións sobre a NON participación do país no festival espertaron de novo as críticas á RTP pola mala xestión da participación lusa no evento e o pouco interese dos directivos do canle, que reiteran a saída do festival como "necesaria para a creación de novos contidos na programación da televisión pública".

Dende mundoeurovision, queremos manifestar o noso apoio aos miles de eurofans portugueses que confiaban na participación do seu país natal na 61 edición do evento musical máis importante de Europa e o noso rexeitamento ás políticas da RTP. #WeWantPortugalinEurovision2016 #PortugalSempre

AUSTRALIA PARTICIPARÁ EN EUROVISION JUNIOR E DESVELARÁ O SEU REPRESENTANTE ESTA NOITE

Os rumores da participación de Australia no Festival de Eurovisión Junior, logo da invitación ofrecida por parte da UER

á SBS para participar no evento, convertíronse nunha realidade. O país oceánico estará presente na edición junior do festival no que debutou en 2015 con Guy Sebastian. Esta noite, ás 23:00, o canle australiano desvelará o nome do seu representante no escenario de Bulgaria e o nome da canción que defenderá o país no seu debut. Cabe destacar que a SBS emitiu cada unha das edicións do certame infantil dende 2003, ofrecendo un interese maior polo evento ca algúns países europeos. FONTE: SBS

Pág. 1/2