Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

PORTUGAL NON PARTICIPARÁ EN EUROVISION 2016

A televisión pública de Portugal (RTP) anunciou esta tarde mediante un comunicado que o país NON estará presente na edición número 61 do Festival de Eurovision, a celebrar os días 10,12 e 14 de maio de 2016 en Estocolmo. A RTP engade que a necesidade de "crear novos contidos fai que o Festival de Eurovision non forme parte da programación da televisión portuguesa o vindeiro ano". Malia a triste e decepcionante noticia, o comunicado do ente público afirma "prometer a súa participación en 2017". Lea o comunicado deseguido:

 

 

RTP NÃO PARTICIPA NO FESTIVAL EUROVISÃO DA CANÇÃO 2016. REGRESSA EM 2017.

A RTP comunica que não irá participar na edição do próximo ano do Eurovision Song Contest que terá lugar em Estocolmo, na Suécia, nos dias 10,12 e 14 de maio. Depois duma longa e ponderada avaliação da nossa participação neste evento e, ao mesmo tempo, a necessidade de substituir e criar novos conteúdos, decidiu a direção de programas da RTP não considerar este ano o ESC na sua grelha de programação. Depois de algumas dezenas de anos a participar neste grande evento, vamos fazer uma pausa mas fica a promessa de um regresso na edição de 2017.

 

Mañán ao serán, disporán dun boletín informativo desta triste noticia, provocada polo pouco interese da RTP no evento musical máis grande do mundo.

"HIGHWAY" REPRESENTARÁ A MONTENEGRO EN ESTOCOLMO

Malia os continuos rumores sobre a posibilidade dunha retirada do Festival por parte de Montenegro, a televisión pública do país (RTCG) confirmou que sí estará presente na edición número 61 de Eurovision, que terá lugar os días 10,12 e 14 de maio do 2016. A RTCG non só confirmou a súa participación, senón que ademais anunciou o nome dos seus representantes no escenario do Globen Arena de Estocolmo.Trátase da banda HighWay, coñecida por quedar terceiros na edición adriática de "Factor X". O grupo, formado por Dragan Tripkovic (letrista), Nada Vucinic (produtor musical), Slaven Knezovic (compositor) e Milorad Sule Jovovic (músico de jazz) intentará clasificarse para a final como xa leva facendo o país nas últimas dúas edicións. Montenegro estivo representando en 2015 polo cantante Knez e a canción "Adio", obtendo o posto 14 da final celebrada en Viena

RUSIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN EUROVISION 2016

A televisión pública de Rusia confirmou esta mañá a súa participación no vindeiro Festival de Eurovisión 2016, a celebrar o vindeiro mes de maio en Estocolmo. O país convirtese así no número 39 en confirmar a súa participación no Globen Arena de Estocolmo. Rusia é un dos poucos países que case sempre conseguiu pasar á grande final. En 2015, a súa representante, Polina Gagarina, obtivo o segundo posto con 303 puntos, o maior número de votos obtido polo país na historia do Festival coa canción "A million voices". FONTE: esctoday.com

Pág. 2/2