Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A BANDA "MINUS ONE" REPRESENTARÁ A CHIPRE EN ESTOCOLMO

Chipre xa ten os seus representantes en Eurovision 2016. Esta mañá, a televisión pública de Chipre confirmou á banda "MinusBand" coma os encargados de levar as cores chipriotas sobre o escenario do Globen Arena de Estocolmo. A canción coa que representaran á illa mediterránea estará composta polo coñecido Thomas G:son, creador de cancións como "Euphoria", gañadora de Eurovision 2012 e de diversos temas que estiveron presentes no Festival. O pasado ano, esta banda participou na selección pública que realizou a cadea chipriota para elexir ao seu representante en Viena, Giannis Karagiannis. Chipre volveu este ano 2015 ao festival logo dunha paréntese no ano 2014 debido a problemas económicos derivados da crise económica.

É OFICIAL: TURQUÍA NON PARTICIPARÁ EN ESTOCOLMO

Xa é oficial. A televisión pública de Turquía, a TRT, confirmou que non estará presente no Festival de Eurovision por cuarta vez consecutiva. Segundo OGAE (Asociación Xeral dos amantes de Eurovisión) en Turquía as razóns esgrimidas polo ente público do país son que as diferenzas coa UER respecto a regras do festival coma a existencia do "Big five" non foron resoltas. Este domingo, o partido do primeiro ministro do país, Tayip Erdogan voltou gañar as eleccións, polo que parece que as decisións que tome a direción da cadea non van ser resoltas. Esperamos que Turquía volva pronto ao escenario do Festival máis seguido de Europa.

Pág. 2/2