Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

COÑECE AOS 6 ASPIRANTES A REPRESENTAR A ESPAÑA EN ESTOCOLMO!

Coñece aos seis artistas que competirán en febreiro por representar a España en Estocolmo!

 

Xuso Jones: novo, bailable e "cañero"

O primeiro dos aspirantes a representar a España en Eurovisión 2016 que TVE deu a coñecer pasadas as 10:30h da mañá é Xuso Jones. O cantante murciano loitará así cos outros cinco aspirantes que detallamos deseguido. Xuso Jones aposta para esta preselección cunha canción cun son moi internacional composto por Andreas Öhrn e Peter Boström, este último autor de cancións coma “Euphoria” coa que Loreen gañou o Festival en 2012. Xuso di que ven con gañas de facer algo “novo, bailable, “cañero” e orixinal e que se presenta debido, en gran parte, a Ruth Lorenzo que o animou a participar. Con gañas e talento, será Xuso Jones o representante español en Estocolmo? Sorte!

 

Salvador Beltrán, menos coñecido e con gañas de animar á xente

O segundo dos aspirantes non é tan coñecido. Trátase dun xove compositor que aspira a representar a España cun tema que exprese o “bo estado de ánimo dos españois en Europa e cheo de optimismo”. O tema estará composto coa axuda de Miguel Ángel Arenas “Capi”. Segundo Salvador, a canción, que incorpora toques de guitarra e folclore é toda unha mostra de alegría e superación. É a primeira experiencia do cantante e asegura que se apunta a este reto porque o Festival é “todo un espectáculo e no que quere sorprender a Europa”. Ánimo!

 

Maverick: 100% latino

Dende a súa participación en “La Voz” e quedarse ás portas de gañar, estaba ben claro que este rapaz é un grande talento. Con 19 anos, Maverick aspira a representar a España en Eurovisión 2016 cunha canción que será, segundo palabras do propio artista, “para pór en pé ao público e pórse a bailar”. O tema estará composto por tres artistas ben coñecidos na música latina: Juan Magán, DCS e Luiggi Giuseppe Olivares que crearon este tema “100% latino”. Con esta proposta, o xoven Maverick tentará chegar a Estocolmo con moita alegría. Ánimo!

 

María Isabel: alegría en estado puro

“Antes morta ca sencilla, ay que sencilla”. A quen non lle soa esta canción?. É María Isabel, si. A cantante que se fixo famosa por gañar Eurovision Junior en 2004 e convertida nun ídolo infantil quere volver a Eurovisión, e en 2016. A artista preséntase cunha canción “bailable e con toques frescos” composta por David Santisteban. María Isabel di recordar a súa experiencia en Eurovisión con moito agarimo e desexa voltar á edición adulta do Festival que a viu nacer coma artista. Ánimo!

 

Electric Nana: pop e indie, unha mistura apaixoante

E porque non, un pouquiño de indie? Electric Nana di que sempre lle encantou o Festival e que sempre quixo participar. Este e o momento – di a cantante, quen asegura que ten unha proposta afianzada que pode entusiasmar á xente e divertir.

A artista propónnos así unha proposta moi moderna sendo “moi indie no ámbito do pop e moi pop no ámbito do indie”, o que de seguro fará deste tema algo ben innovador. Este tema está composto por ela misma e pretende así representar a España en Estocolmo. Unha proposta xove e innovadora. Ánimo!

 

Barei: soul, pop americano e un toque de música negra

Sí. É o nome menos coñecido desta preselección, pero segundo moitos, dará moito que falar. Barei aspira a representar a España en Suecia cunha canción "pop con bases electrónicas e cun son moi actual" composta por ela mesma e outros dous compositores. A cantante compón en inglés con toques de "soul, pop americano e música negra" coa que poderá cumplir o seu soño: ir a Eurovisión. Unha proposta moderna e refrescante que pode ter moito éxito. Moito ánimo!

 

MINUTO A MINUTO: TVE DESVELA O NOME DOS #ASPIRANTESEUROVISIÓN

Esta mañá Televisión Española desvelará o nome dos seis aspirantes que loitarán nunha preselección nacional para representar a España en Eurovisión 2015. Toda a información, minuto a minuto, aquí en MundoEurovision.

  • 10:13 | Sandra Daviú dá comezo a "La Mañana de la 1" e anuncia que pronto se coñecerá o nome do primeiro dos aspirantes, dando a coñecer que o de Bertín Osborne non foi máis ca unha inocentada.
  • 10:23 | Os nervios xa se notan nas redes, onde se espera con expectación o primeiro nome. Se todo sae como está esperado, en seis minutos descubrirémolo.
  • 10:38 | O primeiro aspirante é...Xuso Jones. Sí. Xuso Jones loitará con outros cinco aspirantes para representar a España en Eurovisión 2016. #euroXusoJones
  • 11:05 | Salvador Beltrán aspirará tamén a convertirse no representante de España en Estocolmo cunha canción que expresa o "estado de ánimo dos españois en Europa". #euroSalvaBeltrán
  • 11:31 | O terceiro aspirante é nada máis e nada menos ca... Maverick. O concursante de "La voz" loitará tamén por representar a España en Estocolmo! #euroMaverick
  • 11:54 | Habemus aspirante! E esta vez, é ela. Trátase de María Isabel, gañadora de Eurovisión Junior en 2004 e aspirante a representar a España en Suecia. #euroMariaIsabel
  • 12:30 | Un poquiño de indie? Si. Electric Nana loitará tamén por representar a España en Eurovisión 2016! #EuroElectricNana
  • 13:10 | A sexta aspirante é Barei, que completa así a lista dos artistas que loitarán por representar a España en Estocolmo.

 

Ata aquí, esta cobertura especial dos #AspirantesEurovision. En breve, un post co mellor de cada artista- Boas tardes!

ISTO É CERTO: TVE ANUNCIARÁ MAÑÁ AOS 6 ASPIRANTES A EUROVISIÓN 2016!

Si. O de Bertín Osborne foi unha inocentada máis. Pero isto xa non o é. Mañá, TVE dará a coñecer aos seis artistas que aspirarán a representar a España en Eurovisión 2016 e faráo entre as 10:30 e as 13:00 para dar lugar a unha maior expectación. TVE anunciará aos aspirantes da seguinte maneira:

  • Ás 10:30, daráse a coñecer o primeiro dos aspirantes.
  • Ás 11:00, o segundo deles
  • Ás 11:30, o terceiro
  • Xa ás 12:00, o cuarto dos aspirantes
  • Ás 12:30, o quinto
  • E as 13:00, o sexto elixido.

Para seguir a información que vaia xurdindo, mantéñanse atentos a RTVE.es, a mundoeurovision e ás redes sociais, nas que de seguro a etiqueta #AspirantesEurovisión convertírase en trending topic. Ata mañá!

Finalizamos el 2015 a lo grande

COÑECE A EDENA TARIFA, A REPRESENTANTE DE ALBANIA EN ESTOCOLMO

Onte á noite tivo lugar en Albania a 54 edición do tradicional "Festivali i Këngës", un evento anual organizado pola televisión pública do país, a RTSH, e na que se elixiu á representante de Albania en Eurovisión 2016. 

Eneda Tarifa, de 33 anos de idade, impúxose onte aos outros vinte e un finalistas da competición que loitaban por representar ao país dos Balcáns no escenario do Globen Arena de Estocolmo. Eneda gañou así este evento coa canción "Përrallë", que segundo avanzou a cantante, ten intención de interpretala en inglés de cara a Eurovisión e non en albano coma o fixo no tradicional FIK. 

Escoite, deseguido, á cantante na segunda semifinal do evento albanés:

 

 

 

BERTÍN OSBORNE PRESÉNTASE Á PRESELECCIÓN PARA REPRESENTAR A ESPAÑA EN EUROVISIÓN, INOCENTADA?

Como xa fora anunciado, Televisión Española desvelará ao longo desta semana o nome dos 6 candidatos que loitarán nunha preselección para representar a España en Estocolmo. O primeiro dos candidatos foi anunciado hoxe e trátase nada máis e nada menos que de Bertín Osborne.

Si, entenderon ben. Aos seus 61 anos, o cantante andaluz, acepta a proposta de TVE convertíndose así no candidato máis vello desta selección nacional. Según conta, xa lle ofreceron en varias ocasións representar a España no festival máis importante de Europa, mais non foi ata agora cando o cantante aceptou dita proposta, concretamente e segundo fontes da televisión pública, o pasado Venres. Bertín di amosarse contento deste novo reto e di aceptar a súa candidatura a Eurovisión coma algo "divertido".

No seu programa de éxito en La 1, "En la tuya o en la mía", o presidente do Goberno, Mariano Rajoy xa lle preguntou ao cantante se estaría disposto a representar a España en Eurovisión xa que segundo Rajoy, sería todo un "pelotazo". Nesa ocasión, no programa líder de audiencia, Bertín bromeu ainda que parece que se tomou isto ben en serio.

 

Bertín Osborne presentase a esta candidatura cunha canción en español, unha canción, segundo o cantante, "preciosa" e gravada co seu pianista, que tiña pensado incluir no seu vindeiro disco. Bertín Osborne enfrentarase así a outros cinco candidatos que serán anunciados nos vindeiros días desta semana. Sorte Bertín!

Trátase a noticia dunha inocentada de TVE? Por suposto que si. Feliz día dos Inocentes!

 

 

SEIS ARTISTAS LOITARÁN POR REPRESENTAR A ESPAÑA EN EUROVISION 2016

Chegou a hora. Logo de moitos rumores, apostas e noticias, TVE anunciou esta mañá que seis artistas competirán nunha gala televisada por representantar a España en Eurovisión 2016 e convertirse así no artista sucesor de Edurne. Segundo anunciou a televisión pública na súa páxina web, todavía se descoñece o nome dos aspirantes (sexan solistas ou grupos) que loitarán por representar ao país en Estocolmo.

 

Durante os últimos días foron moitos os rumores acerca dos nomes dos aspirantes e incluso moitas noticias apuntaron a que Raúl, María Isabel, Xuso Jones e Maverick serían estes candidatos. Polo momento, o único que confirma TVE e que se trata de artistas xoves e con moito talento. Así, dentro duns días anunciarase oficialmente o nome dos participantes desta selección pública tras chegar a un acordo coas discográficas.

 

Ademais, RTVE quere dar a oportunidade de dar a opinión aos usuarios de Twitter para que den a coñecer o nome do artista que lle gustaría ver no escenario do Globen Arena de Estocolmo mediante a etiqueta #euroapuesta. TVE volve apostar por unha Final nacional para elixir quen representará a España en Eurovisión 2016. Que gañas! 

XEORXIA APOSTA POLO INDIE ALTERNATIVO NA SÚA CARREIRA A EUROVISIÓN 2016

A televisión pública de Xeorxia (GBP) confirmou esta mañá o nome dos seus representantes en Eurovisión 2016. Os encargados de levar as cores do país no escenario do Globen Arena de Estocolmo son Nika Kocharov e Young Georgian Lolitas, dous artistas que conforman a primeira banda só formada por membros masculinos que representarán ao país caucásico no festival.

 

Xeorxia aposta deste xeito por unha banda de indie alternativo que amenizará ao público europeo cunha canción cuxa elección terá lugar mediante un concurso público no que os interesados deberán presentar unha canción "cunha estrutura melódica de indie alternativo con un toque electrónico e orientada á música disco". Pese ao éxito da representante xeorxiana Nina Sublatti en Viena, a GBP decidiu elixir aos seus representantes internamente.

COÑECE AOS PRESENTADORES DE EUROVISIÓN 2016!

A televisión sueca SVT informou esta tarde dos nomes dos presentadores do vindeiro festival de Eurovision, que terá lugar en terras suecas o vindeiro mes de maio. Trátase nada máis e nada menos que de dous máis que coñecidos no mundo eurovisivo: Måns Zelmerlöw, gañador do Festival en 2015 e Petra Mede, presentadora do mesmo en 2013, cando o evento tivo lugar na cidade sueca de Malmö trala victoria de Loreen no 2012. 

 

Petra Mede, como dicimos, xa é coñecida logo de presentar as tres galas de Eurovision 2013 e o especial sobre o festival que celebrou a BBC polo 60 aniversario deste, o Eurovision´s Greatest Hits, celebrado este mesmo ano. Petra Mede convenceu positivamente aos espectadores en ámbolos dous programas e promete non defraudar na súa volta ao escenario do evento musical máis importante de Europa.

 

Petra Mede non estará soa no escenario do Globen Arena de Estocolmo, senón que estará acompañada de Måns Zelmerlöw, o representante sueco en Eurovision 2015 e gañador do mesmo, que volta ao escenario do festival co papel de presentador. Måns xa ten experiencia no papel de presentar xa que conduciu unha das galas do Melodifestivalen.

MAÑÁ COÑECEREMOS O NOME DOS PRESENTADORES DE EUROVISIÓN 2016

A decisión de quen presentará o Festival de Eurovisión en 2016 xa foi tomada. Así o anunciou a televisión sueca SVT mediante un tweet no que daba a coñecer que o anuncio oficial será este luns, 14 de decembro. Mañá coñeceremos polo tanto o nome dos encargados de amenizar ao público no Globen Arena de Estocolmo. Será unha sorpresa? Durante as últimas semanas, foron varios os nomes dos que se falou como posibles candidatos a presentar o evento: entre eles, Petra Mede, presentadora de Eurovisión 2013 e Måns Zelmerlöw, gañador de Eurovisión 2015 grazas ao cal o evento terá lugar en Estocolmo o vindeiro mes de Maio. A decisión, recordamos, tomada pola organización do Festival, será coñecida mañá.

SERGEY LAZAREV REPRESENTARÁ A RUSIA EN ESTOCOLMO

Sen previo aviso, a televisión pública rusa anunciou onte, durante a gala de entrega dos premios máis importantes do país a nivel musical, o nome do seu representante no Festival de Eurovision 2016. Trátase de Sergey Lazarev, un dos artistas máis coñecidos do país ao que se lle entregou o premio de "Cantante do ano en Rusia". Durante a recollida do premio e o anuncio oficial da súa participación en Estocolmo, o cantante mostrouse "moi contento e con moita honra de representar a Rusia no festival" e engade "que fará todo o posible para representar ao seu país da maneira máis profesional". Ademais, revelouse que a canción que interpretará sobre o escenario do Globen Arena de Estocolmo xa está lista e será anunciada en breve. Rusia volve así apostar por un recoñecido nome como representante no evento musical, trala participación de Polina Gagarina, que quedou en segundo posto coa maior puntuación da historia do país no festival: 303 puntos.