Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

COÑECE AOS 6 ASPIRANTES A REPRESENTAR A ESPAÑA EN ESTOCOLMO!

Coñece aos seis artistas que competirán en febreiro por representar a España en Estocolmo!

 

Xuso Jones: novo, bailable e "cañero"

O primeiro dos aspirantes a representar a España en Eurovisión 2016 que TVE deu a coñecer pasadas as 10:30h da mañá é Xuso Jones. O cantante murciano loitará así cos outros cinco aspirantes que detallamos deseguido. Xuso Jones aposta para esta preselección cunha canción cun son moi internacional composto por Andreas Öhrn e Peter Boström, este último autor de cancións coma “Euphoria” coa que Loreen gañou o Festival en 2012. Xuso di que ven con gañas de facer algo “novo, bailable, “cañero” e orixinal e que se presenta debido, en gran parte, a Ruth Lorenzo que o animou a participar. Con gañas e talento, será Xuso Jones o representante español en Estocolmo? Sorte!

 

Salvador Beltrán, menos coñecido e con gañas de animar á xente

O segundo dos aspirantes non é tan coñecido. Trátase dun xove compositor que aspira a representar a España cun tema que exprese o “bo estado de ánimo dos españois en Europa e cheo de optimismo”. O tema estará composto coa axuda de Miguel Ángel Arenas “Capi”. Segundo Salvador, a canción, que incorpora toques de guitarra e folclore é toda unha mostra de alegría e superación. É a primeira experiencia do cantante e asegura que se apunta a este reto porque o Festival é “todo un espectáculo e no que quere sorprender a Europa”. Ánimo!

 

Maverick: 100% latino

Dende a súa participación en “La Voz” e quedarse ás portas de gañar, estaba ben claro que este rapaz é un grande talento. Con 19 anos, Maverick aspira a representar a España en Eurovisión 2016 cunha canción que será, segundo palabras do propio artista, “para pór en pé ao público e pórse a bailar”. O tema estará composto por tres artistas ben coñecidos na música latina: Juan Magán, DCS e Luiggi Giuseppe Olivares que crearon este tema “100% latino”. Con esta proposta, o xoven Maverick tentará chegar a Estocolmo con moita alegría. Ánimo!

 

María Isabel: alegría en estado puro

“Antes morta ca sencilla, ay que sencilla”. A quen non lle soa esta canción?. É María Isabel, si. A cantante que se fixo famosa por gañar Eurovision Junior en 2004 e convertida nun ídolo infantil quere volver a Eurovisión, e en 2016. A artista preséntase cunha canción “bailable e con toques frescos” composta por David Santisteban. María Isabel di recordar a súa experiencia en Eurovisión con moito agarimo e desexa voltar á edición adulta do Festival que a viu nacer coma artista. Ánimo!

 

Electric Nana: pop e indie, unha mistura apaixoante

E porque non, un pouquiño de indie? Electric Nana di que sempre lle encantou o Festival e que sempre quixo participar. Este e o momento – di a cantante, quen asegura que ten unha proposta afianzada que pode entusiasmar á xente e divertir.

A artista propónnos así unha proposta moi moderna sendo “moi indie no ámbito do pop e moi pop no ámbito do indie”, o que de seguro fará deste tema algo ben innovador. Este tema está composto por ela misma e pretende así representar a España en Estocolmo. Unha proposta xove e innovadora. Ánimo!

 

Barei: soul, pop americano e un toque de música negra

Sí. É o nome menos coñecido desta preselección, pero segundo moitos, dará moito que falar. Barei aspira a representar a España en Suecia cunha canción "pop con bases electrónicas e cun son moi actual" composta por ela mesma e outros dous compositores. A cantante compón en inglés con toques de "soul, pop americano e música negra" coa que poderá cumplir o seu soño: ir a Eurovisión. Unha proposta moderna e refrescante que pode ter moito éxito. Moito ánimo!

 

MINUTO A MINUTO: TVE DESVELA O NOME DOS #ASPIRANTESEUROVISIÓN

Esta mañá Televisión Española desvelará o nome dos seis aspirantes que loitarán nunha preselección nacional para representar a España en Eurovisión 2015. Toda a información, minuto a minuto, aquí en MundoEurovision.

  • 10:13 | Sandra Daviú dá comezo a "La Mañana de la 1" e anuncia que pronto se coñecerá o nome do primeiro dos aspirantes, dando a coñecer que o de Bertín Osborne non foi máis ca unha inocentada.
  • 10:23 | Os nervios xa se notan nas redes, onde se espera con expectación o primeiro nome. Se todo sae como está esperado, en seis minutos descubrirémolo.
  • 10:38 | O primeiro aspirante é...Xuso Jones. Sí. Xuso Jones loitará con outros cinco aspirantes para representar a España en Eurovisión 2016. #euroXusoJones
  • 11:05 | Salvador Beltrán aspirará tamén a convertirse no representante de España en Estocolmo cunha canción que expresa o "estado de ánimo dos españois en Europa". #euroSalvaBeltrán
  • 11:31 | O terceiro aspirante é nada máis e nada menos ca... Maverick. O concursante de "La voz" loitará tamén por representar a España en Estocolmo! #euroMaverick
  • 11:54 | Habemus aspirante! E esta vez, é ela. Trátase de María Isabel, gañadora de Eurovisión Junior en 2004 e aspirante a representar a España en Suecia. #euroMariaIsabel
  • 12:30 | Un poquiño de indie? Si. Electric Nana loitará tamén por representar a España en Eurovisión 2016! #EuroElectricNana
  • 13:10 | A sexta aspirante é Barei, que completa así a lista dos artistas que loitarán por representar a España en Estocolmo.

 

Ata aquí, esta cobertura especial dos #AspirantesEurovision. En breve, un post co mellor de cada artista- Boas tardes!