Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Crónica de "Objetivo Eurovisión": "Cando comeza a fin de semana e pensas no luns"

É sábado sí, ese día no que te podes levantar á hora que che apeteza, no que podes facer o que se che antoxe, iso sí con moderación. Pero e que de seguro moitas e moitos estarán hoxe a pensar no luns e falo de todos aqueles para os que o Festival de Eurovisión e coma unha final dun mundial para os aficionados ao fútbol. Hoxe quedan nada máis e nada menos que dous días, dous días para coñecer ao representante de España en Estocolmo e para poder disfrutar dunha gala chea de música, emoción e de seguro que moitos nervios. O xoves coñeciamos a orde de actuación dos aspirantes e outros moitos detalles sobre a gala na rolda de prensa que RTVE ofreceu na mañá. Os aspirantes salirán ao escenario da seguinte maneira:

  1. Maverick
  2. Barei
  3. Xuso Jones
  4. Salva Beltrán
  5. María Isabel
  6. Electric Nana

Ademais, coñeciamos a maneira na que se repartirá o voto que decidirá o gañador de "Objetivo Eurovisión". O televoto contará co 40% da votación mentres que os xurados de plató e o internacional contarán, cada un, co 30% da decisión final. Non só iso, e é que nos enteramos de que Julia Varela, comentarista de Eurovisión en TVE xunto con José María Íñigo, copresentará a gala representando así a Galicia na gala máis eurovisiva "made in Spain". Por hoxe nada máis. Só un consello: "Unhas cantas infusións de tila e bendita paciencia".

 

A pésima situación financieira podería levar ao peche da emisora estatal bosnia a tres meses de Eurovisión.

A mala situación económica que atravesa a BHRT, a televisión pública de Bosnia e Hercegovina pareceu chegar a tal punto que mesmo nos vindeiros días se podería producir o desmantelamento e cese de emisións da emisora estatal. Esta noticia chega a pouco máis de tres meses de que teña lugar o regreso do país balcánico ao Festival de Eurovisión dende a súa retirada en 2013. A crise que está a pasar o goberno bosnio e malia iso, o ente público, provocou que o Consello de Administración da BHRT calificase a situación de "insostible" e só podería ser resolvido a través dun novo modelo de impostos que sufragase os custos da retransmisión da televisión pública e obter así os aproximadamente 225.000 euros que a emisora necesita para ofrecer aos seus empregados unhas condicións mínimas de traballo. Se a situación non mellora, os traballadores veránse obrigados a ir finalizando as emisións ata o peche definitivo do servizo público.

A BHRT confirmara en torno ao mes de novembro a súa participación en Eurovisión 2016, sendo os gastos que a participación conleva sufragados na súa totalidade por patrocinadores e non por diñeiro público, polo que a pregunta é: Que ocorrerá coa participación do país en Estocolmo? Agardemos que todo se arranxe e poder ver aos representantes do país no Globen Arena de Estocolmo.