Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

France 2 elixe a Amir coma o representante galo en Estocolmo

France 2, a canle da televisión pública francesa encargada do Festival de Eurovisión confirmou esta mañá, como xa apuntaban algúns rumores, ao cantante Amir Haddad coma representante do país galo en Estocolmo. O artista é coñecido no país por ser finalista na edición de 2014 de "The Voice" en Francia. 

 

O cantante será así o abanderado das cores galas no Globen Arena de Estocolmo no que cantará "J'ai cherché", canción composta e escrita polo propio Amir, Nazhim Kaled e Johan Herramia, sendo o retrouso desta en inglés. A canción, que xa se converteu nun hit nas radios do país buscará superar a mala racha do país no evento. 

 

Amir declarou que participar en Eurovision xa era o seu soño de neno e atópase orgulloso e entusiasmado engadindo que "ve o festival todos os anos, un festival, un festival épico que celebra todas as culturas de Europa" e afirma que "dará todo o que poda del para que a xente se sinta orgullosa da súa actuación"

Justs representará a Letonia en Eurovisión 2016 con "Heartbeat"

Esta pasada noite tivo lugar en Riga a final da selección nacional de Letonia, "Supernova" para elixir ao representante do país en Eurovision 2016. Logo da actuación dos catro finalistas, o televoto e o xurado do programa elixiron coma gañador do programa a Justs, un cantante que coa canción "Heartbeat" intentará pasar así á final na segunda semifinal do evento. 

 

A letra da  está composta por Aminata Savadogo, a representante do país en Viena que conseguiu levar ao país á final por primeira vez dende 2008 e ademais posicionándose dentro do TOP10 coa canción "Love injected".

 

 

 

Agnete "romperá o xeo" en Eurovisión 2016 con "Icebreaker"

Que loucura! A noite continúa e en Noruega acaba de finalizar o "Norsk Melodi Gran Prix", na que se elixiu á representante do país nórdico en Eurovisión 2016. Desta vez e tras arrasar no televoto de cinco das rexións noruegas será Agnete co tema " Icebreaker" a representante de Noruega na súa participación número 55. O país intentará así pasar á final logo tamén do éxito dos seus representantes en Viena.

Freddie representará a Hungría en Estocolmo con "Pioneer"

Dende Budapest tamén tivo lugar a elección do representante húngaro en Eurovisión 2016 e fixose no tradicional "A dal", no que o xurado elixiu aos seus catro favoritos e o público rematou decidindo o gañador do pasaporte a Estocolmo. Así o grande favorito da noite, Freddie gañou a selección nacional e estará na semifinal 1 coa canción "Pioneer".

Lidia Isac é a elexida para representar a Moldavia en Estocolmo

Esta noite eurovisiva de escándalo continua e así o fixo en Moldavia, onde tivo lugar a final do "O melodie Pentru Europa" na que se elixiu á representante do país en Eurovisión 2016. Desta vez, a que xa partía coma favorita, Lidia Isac viaxará a Estocolmo e intentará clasificarse para a final tralo "fail" de Eduard Romanyuta en Viena. A cantante interpretará a canción "Falling stars"

ManuElla viaxará dende Eslovenia a Estocolmo con "Blue and red"

Eslovenia tamén elixiu esta noite á súa representante en Eurovisión 2016 e fixoo na tradicional gala do "EMA" na que dez artistas aspiraron a viaxar a Estocolmo, entre elas, as representantes do país en 1996 e 2001. A gala, trala decisión de televoto e xurado, rematou coa elección de ManuElla coma representante de Eslovenia no escenario do Globen Arena de Estocolmo. A cantante intentará clasificarse á final do concurso máis lonxevo de Europa coa canción "Blue and Red"

Sandhja representará a Finlandia en Estocolmo

Esta noite tivo lugar en Finlandia a final do Uuden Musikali Kilpalu 2016 (UMK), na que nove artistas loitaron por representar ao país no vindeiro Festival de Eurovisión. 

 

A gala finlandesa volveu optar por unha grande variedade de opinións para elixir á sua representante, xa que a parte do televoto, o xurado estivo formado por diversos ámbitos da cidadanía finlandesa coma constructores, nenos, comunidade LGTB ou parlamentarios entre outros.

 

 A noite finalizou así cunha sorpresa e é que Sandhja, que non partía coma favorita, será a encargada de viaxar a Estocolmo, algo posible en gran parte, ao xurado do programa. Sandhja cantará a canción "Sing it away" con un toque Motown e a música negra. Conseguirá pasar Finlandia á final logo da súa última participación?

 

4,4 millóns de persoas seguiron a final de Alemaña para Eurovisión 2016, o maior dato dende 2010

A última edición do "Ünser Lied für Stockholm", levada a cabo pola televisión pública alemana, a ARD, na que se elixiu á representante do país en Eurovisión 2016 suscitou grande interese no país convertíndose na final nacional alemana máis vista dende 2010 con case catro millóns e medio de espectadores e ademais obtendo un número record de votos. Non menos de 1,9 millóns de votos foron contabilizados nas dúas rondas do concurso, que rematou coa elección de Jamie Lee-Kriewitz, de 17 anos, coma a encargada de viaxar dende Berlín ata Estocolmo. Os votos repartíronse da seguinte maneira.

 

1ª RONDA 

  1. Jamie-Lee Kriewitz – 221,846
  2. Avantasia – 124,825
  3. Alex Lied – 124,268
  4. Laura Pinski – 84,642
  5. Gregorian – 69,874
  6. Luxularm – 42,576
  7. Ella Endlich – 41,172
  8. Keoma – 25,609
  9. Joco – 22,645
  10. Woods of Birnam – 12,332

 

2ª RONDA

  1. Jamie-Lee Kriewitz – 498,293
  2. Alex Diehl – 380,293
  3. Avantasia – 241,573

Esta noite, cinco países elixen para Eurovisión 2016

Esta noite volve a convertirse por completo en eurovisiva e é que hoxe cinco países: Moldavia, Hungría, Finlandia, Eslovenia e Noruega, elixen o seu representante no vindeiro Festival de Eurovisión nas súas respectivas galas de selección. A continuación, poden ver os aspirantes de cada país e o horario do programa no que se elixirán. Desfruten!

 

MOLDAVIA: "O melodie pentru Europa" 18:40h CET

16 artistas loitarán esta tarde por representar ao país en Estocolmo:

  1. Valentin Uzun – Mine
  2. Maxim Zavidia – La La Love
  3. Doiniţa Gherman – Irresistible
  4. Lidia Isac – Falling Stars
  5. Big Flash Sound – Când vrei
  6. Che-MD – Vodă e cu noi
  7. Andrei Ionița & Onoffrei – Lie
  8. Cristina Pintilie – Picture of Love
  9. Nadia Moșneagu – Memories
  10. Rodica & Ivan Aculov – Stop Lying
  11. Emilia Russu – I Am Not The Same
  12. Viola – In the Name of Love
  13. DoReDoS – FunnyFolk
  14. Max Fall feat. Dan Vozniuc & Malloy – Game Over
  15. Valeria Pașa – Save Love
  16. Felicia Dunaf – You And Me

 

HUNGRÍA: "A dal" 18:40h CET

  • Freddie – Pioneer
  • André Vásáry – Why
  • Parno Graszt – Már nem szédülök
  • Olivér Berkes & Andi Tóth – Seven Seas
  • Petruska – Trouble In My Mind
  • Gergő Oláh – Győz a jó
  • Kallay Saunders Band – Who We Are
  • Mushu – Uncle Tom

 

FINLANDIA: "UMK" 20:00h CET

  1. Cristal Snow – Love Is Blind
  2. Stella Christine – Ain’t Got Time for Boys
  3. Annica Milán & Kimmo Blom – Good Enough
  4. Eini – Draamaa
  5. Barbe-Q-Barbies – Let Me Out
  6. Tuuli Okkonen – Don’t Wake Me Up
  7. Sandhja – Sing It Away
  8. Saara Aalto – No Fear
  9. Mikael Saari – On It Goes

 

ESLOVENIA: "Ema" 20:00h CET

  1. Anja Baš – “What If”
  2. Žan Serchich – “Summer Story”
  3. Anja Kotar – “Too Cool”
  4. San Di Ego – “Brez Tebe”
  5. D Base – “Spet Živ”
  6. Regina – “Alive In Every Way”
  7. ManuElla – “Blue and Red”
  8. Raiven – “Crno Bel”
  9. Nuša Derenda – “Tip Top”
  10. Sebastian Lukovnjak – “Tales of Tomorrow”

 

NORUEGA: Melodi Grand Prix 20:55 CET

  1. The Hungry Hearts feat. Lisa Dillan – Laika
  2. Stage Dolls – Into The Fire
  3. Stine Hole Ulla – Trace
  4. Makeda – Stand Up
  5. Pegasus – Anyway
  6. Freddy Kalas – Feel Da Rush
  7. Laila Samuels – Afterglow
  8. Elouiz – History
  9. Suite 16 – Anna Lee
  10. Agnete – Icebreaker

As diversas finais poden seguilas en www.eurovision.tv

 

 

 

 

 

O Reino Unido aposta por Joe & Jake para viaxar a Estocolmo

Esta noite foi o turno dos espectadores do Reino Unido para elixir aos seus representantes en Eurovisión 2016 e é que nesta gala, co nome de "You decide", o 100% da votación veu directa do público. Finalmente, e tralas seis actuacións os espectadores británicos optaron por Joe & Jake coma os encargados de representar ao seu país en Estocolmo. Os dous artistas, entre os que se atopa un concursante de "The Voice", foron elixidos superando á grande favorita da noite, Bianca e cantarán a canción " You're not alone". A gala "Eurovision You decide" estivo presentada polo coñecido Graham Norton e contou coa actuación entre outros, de Måns Zelmerlöw. Mellorará o Reino Unido os seus resultados no concurso? A resposta, o 14 de maio.

Pág. 1/4