Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Hoxe, a primeira grande noite eurovisiva do ano con finais nacionais nos países nórdicos, Hungría e Ucraína

Esta noite poderiamola calificar como a primeira gran noite eurovisiva do ano. E e que ata seis países comezan as súas seleccións de cara a Eurovisión 2016. Dende Estocolmo ata Kiev acollen hoxe programas eurovisivos. 

 

Comezando por Suecia, cabe destacar como non que arranca o Melodifestivalen. A popular final nacional sueca celebra esta noite a súa primeira semifinal con nomes coñecidos coma Samir & Viktor e trala polémica por Anna Book, descalificada por plaxio. Continuando nos países nórdicos, Finlandia e Islandia tamén celebran o inicio das súas finais nacionais. 

 

Dende Helsinki poderemos ver a primeira semifinal do UMK (Uuden Musikali Kilpalu) na que se calificarán os primeiros aspirantes a representar ao país en Estocolmo, logo da participación do grupo punk formado por persoas con síndrome de down, que malia partir coma favoritos, quedaron fora da final. 

 

 ao norte, en Islandia arranca tamén a primeira semifinal do Söngvappeknnin da que se comezarán a perfilar os nomes dos artistas que poden representar ao país no Globen Arena. Xa nos países bálticos situámonos en Lituania, onde arrancan os cuartos de final do Eurovizijos 2016, do que sairán algúns dos aspirantes lituanos a viaxar á capital sueca. 

 

Collemos agora o pasaporte a Budapest. En Hungría continúa o coñecido A Dal coa súa terceira eliminatoria da que saíran aspirantes hungaros que se verán as caras con artistas coma András Kallay-Saunders, representante do país en Eurovisión 2014 que pasou a eliminatorioa coa súa banda.

 

 E para rematar, ubicámonos en Kiev onde en Ucraína comeza a primeira semifinal do Nacionalnij Vibdir, da que saíran artistas que poden representar ao país no seu regreso a Estocolmo. 

 

Mire, deseguido, os horarios das diferentes finais nacionais: 

UCRAÍNA - SEMI FINAL 18:30 

HUNGRÍA: ELIMINATORIA 3 19:40 

LITUANIA: EUROVIZIJOS 4 20:00 

SUECIA: MELODIFESTIVALEN SEMIFINAL 1 20:00 

FINLANDIA: UMK 20:00 

ISLANDIA: SÖNGVAKEPPNIN SEMIFINAL 1 21:00