Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Desvelados os nomes dos doce aspirantes a representar a Rumanía en Eurovisión 2016

Logo de recibir noventa propostas diferentes para poder participar na edición 2016 da tradicional "Selectįa Natįonala", a televisión pública de Rumanía (TVR) desvelou hoxe o nome dos 12 artistas elixidos para participar na semifinal gala de selección que terá lugar na localidade rumana de Baia Mare. 

 

Estes artistas foron elixidos por un grupo de cinco membros relacionados co mundo musical e a produtora executiva do evento asegurou que "foi unha competición difícil, pero os cinco membros do xurado chegaron rapidamente a un consenso e decidiran os 12 semifinalistas. Gustaríanos agradecerlles aos participantes o esforzo demostrado nos últimos tres días".

 

Os 12 semifinalistas son os seguintes:

 

  • Alexandra Sipos – Superhuman
  • Andra Olteanu – Nai, Nai
  • Doru Todorut feat. Irina Baiant – The Voice
  • Dream Walkers – Let It Shine
  • Florena – Behind The Shadows
  • Hayley Evetts – Brand New Home
  • Irina Pop – Lasa-Ma, Eu Te Las
  • Jukebox – Come On Everybody
  • Mihai Bijinaru – Never Too Late
  • Mihai Traistariu – Paradiso
  • Ovidiu Anton – Moment of Silence
  • Vaontek feat. The Code & Georgian – I’m Coming Home

A semifinal do "Selectįa Natįonala" será o vindeiro 4 de Marzo e a final, o día 6.

Barei marca tendencia viaxando a Ucraína e comezando así a súa xira promocional

Barei marcará diferenza neste 2016 en canto a abanderados españois no Festival de Eurovisión. A representante de España en Estolcomo está a preparar as maletas e o pasaporte porque xa se prepara para viaxar a Ucraína. Será en Kiev, a capital da república exsoviética onde a artista comece a súa xira promocional por Europa, como declarou en Los 40 Principales, "dende Moscú ata Amsterdam". 

 

Barei actuará así na segunda semifinal da final nacional que ten lugar no país para seleccionar ao representante de Ucraína na súa volta a Eurovisión, unha gala que terá lugar este sábado día 13 de febreiro. Coas palabras "Preparando a maleta...para Ucraína" confirmou Barei a súa asistencia á gala ucraniana vía Twitter, onde tamén puidemos ver unha imaxe da súa maleta na que se atopaban as súas características zapatillas deportivas con tacón e unha especie de traxe con estampado floral coa que parece quesubirá ao escenario da gala ucraniana para facer as delicias e intentar convencer ao público do país do Este

 

A cantante fará así historia nos representantes españois no evento non deportivo máis visto do mundo promocionándose así en Europa, algo que contrasta con anteriores representantes coma Edurne que non acudiu nin sequera ao tradicional "Eurovision in Concert" de Amsterdam.

 

 

Barei responde ás críticas dos que defenden unha canción en español e a polémica sobre a súa familia

Semella que neste ano, coma todos, a polémica que xira en torno ao Festival e a representante española non é pouca. Todo comeza cando Barei decide que o español non debe estar presente na súa canción debido a que no seu estilo musical é o ingles a lingua que mellor cadra. Esta decisión causou malestar na Real Academia Española, dende onde califican de "impresentable" a decisión da cantante e que RTVE permita que España sexa representada por unha canción íntegramente na lingua de Shakespeare. 

 

Dende este portal quixemos facernos eco das diferentes opinións ao respeto. En xeral, o público e artistas coma Ruth Lorenzo ou Daniel Diges manifestaron o seu apoio a Barei e os espectadores e seguidores do Festival din que "xa era hora de propoñer algo internacional e diferente". Massiel non foi menos e a gañadora de Eurovisión 1968 afirmou estar en contra da proposta internacional de Barei e defendeu que no "cuarto centenario de Cervantes" debíase "apostar por unha lingua que falan 600 millóns de persoas no mundo", declaracións que foron apoiadas por unha parte e criticadas polos que pensan que "o Festival evoluciona e por iso España debeo facer tamén". 

 

Ademais, saltou tamén a "bomba" de que Barei é neta de Reyzábal, un señor madrileño de clase alta coñecido polos seus negocios inmobiliarios, algo que fixo que se chegase a criticar a Barei. A isto, a cantante respondeu que "ela consegue as cousas por mérito propio e que ela e Bárbara e non seu avó", levantando de novo a polémica afirmando que " se quixese xa estaría dende hai tempo soando en emisoras musicais coma Los 40 ou Cadena 100".