Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Francesca Michielin, subcampeona do San Remo, representará a Italia en Eurovisión 2016

Logo de que esta noite o grupo Stadio, gañadores do Festival de San Remo 2016 declinasen a oferta de representar ao país en Eurovisión, a RAI viuse obligada a buscar outros participantes do festival da canción italiana que quixese viaxar a Estocolmo. 

A elexida é Francesca Michielin, subcampeona do evento, quen representará a Italia na 61 edición do Festivalde Eurovisión e faráo coa canción "Nessun grado di separazione" ("Sen un grao de separación"). Francesca Michielin convenceu onte ao televoto e ao xurado do tradicional festival celebrado no Teatro Ariston, convertíndose na subcampeona do evento.

 

Rykka representará a Suíza en Estocolmo con "The last of our kind"

A gran noite eurovisiva continuou onte e fixoo con, entre outras, a final do "Die Grobe Entscheidungsshow" en Suíza, onde se elixiu á representante do país en Eurovisión 2016. 

 

Nesta edición será Rykka, unha cantante canadiense que viaxará así a Estocolmo para intentar pasar á final e mellorar o resultado obtido pola representante suíza en Viena, Mélanie René que non conseguiu clasificarse para a grande gala do Sábado. Rykka mostrará a Europa a súa canción "The last of our kind" na segunda semifinal de Eurovisión 2016 que ten lugar o vindeiro 12 de maio no Globen Arena de Estocolmo.

Lighthouse X representará a Dinamarca en Eurovisión 2016 con "Soldiers of love"

Onte tivo lugar na localidade danesa de Horsens a final do popular "Dansk Melodi Grand Prix 2016", a preselección nacional na que se elixiron aos representantes do país en Eurovisión 2016. Desta vez, será o grupo Lighthouse X o que viaxe ao país veciño para levar as cores danesas a Estocolmo. Lighthouse X é un grupo formado por tres membros que convenceron onte ao 42% do público coa canción "Soldiers of love". 

Algo curioso e que nos anos 2000 e 2013, nos que o Festival tivo lugar en Suecia foi Dinamarca quen gañou. Cumpliráse de novo esta tendencia co grupo Lighthouse X?