Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Universal Music convírtese na discográfica de Barei na súa carreira de Eurovisión 2016

Barei, a representante de España en Eurovisión 2016 xa conta cunha discográfica coa que continuar o seu camiño ata Estocolmo. Barei presentouse dende principio a preselección de Televisión Española sen unha discográfica que apoiase a súa canción, algo que destacou sobre os outros aspirantes. 

 

A cantante desvelou que días antes de "Objetivo Eurovisión" xa tiña varias ofertas sobre a mesa, entre as que se atopaban Sony Music e Universal Music. Finalmente, a cantante decantouse pola segunda delas, ainda que destacou que a decisión "non foi sinxela". Universal Music acompañará así a Barei na súa carreira a Estocolmo, axudando en temas tan importantes coma a posta en escena ou a escenografía e correrá así cos gastos que supoñan estes traballos, debido a que RTVE só se fai cargo dos gastos que teñen lugar no xusto momento do Festival, entre o 10 e o 14 de maio. 

 

Esta será a primeira vez dende 2009 que Universal Music acompañe a un representante español no evento non deportivo máis seguido do mundo, sendo a discográfica de Soraya Arnelas en Moscú.

 

 

Xeorxia dará o toque de rock en Eurovisión 2016 con "Midnight Love"

A televisión pública de Xeorxia (GBP) revelou esta noite a canción coa que Nika Kocharov e Young Georgian Lollitaz representarán ao país no escenario do Festival de Eurovisión 2016. O xurado invitado pola televisión xeorxiana e composto por Andy Mikheev (xornalista), Christer Björkman (produtor de Eurovisión 2016) e Sasha Jean Baptiste (director) e Marvin Dietmann (deseñador) decidiron que sexa "Midnight Love" a canción que viaxe a Estocolmo, unha canción de rock que marca o estilo do grupo representante. A votación quedou da seguinte maneira:

1. Midnight Gold - 82,50
2. Sugar and Milk - 36,60 
3. Right or Wrong - 30,57 
4. We Agree - 30,42
5. Pain in My Heart - 27,84 
 
Pode ver deseguido a actuación neste vídeo: