Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

France 2 elixe a Amir coma o representante galo en Estocolmo

France 2, a canle da televisión pública francesa encargada do Festival de Eurovisión confirmou esta mañá, como xa apuntaban algúns rumores, ao cantante Amir Haddad coma representante do país galo en Estocolmo. O artista é coñecido no país por ser finalista na edición de 2014 de "The Voice" en Francia. 

 

O cantante será así o abanderado das cores galas no Globen Arena de Estocolmo no que cantará "J'ai cherché", canción composta e escrita polo propio Amir, Nazhim Kaled e Johan Herramia, sendo o retrouso desta en inglés. A canción, que xa se converteu nun hit nas radios do país buscará superar a mala racha do país no evento. 

 

Amir declarou que participar en Eurovision xa era o seu soño de neno e atópase orgulloso e entusiasmado engadindo que "ve o festival todos os anos, un festival, un festival épico que celebra todas as culturas de Europa" e afirma que "dará todo o que poda del para que a xente se sinta orgullosa da súa actuación"

Justs representará a Letonia en Eurovisión 2016 con "Heartbeat"

Esta pasada noite tivo lugar en Riga a final da selección nacional de Letonia, "Supernova" para elixir ao representante do país en Eurovision 2016. Logo da actuación dos catro finalistas, o televoto e o xurado do programa elixiron coma gañador do programa a Justs, un cantante que coa canción "Heartbeat" intentará pasar así á final na segunda semifinal do evento. 

 

A letra da  está composta por Aminata Savadogo, a representante do país en Viena que conseguiu levar ao país á final por primeira vez dende 2008 e ademais posicionándose dentro do TOP10 coa canción "Love injected".