Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Jamie-Lee Kriewitz, de 17 anos, representará a Alemaña en Estocolmo con "Ghost"

Hai apenas uns minutos rematou en Alemaña o "Ünser Lied für Stockholm", na que dez artistas aspiraban a convertirse no representante do país en Eurovisión 2016. Desta vez, televoto e público decantáronse pola aposta máis xoven da gala, a de Jamie-Lee Kriewitz, unha moza cantante de dezasete anos que viaxará a Estocolmo para convertirse na sucesora de Anne Sophie e intentar convencer ao público europeo. 

E faráo coa canción "Ghost", o primeiro single da cantante que xa se convertiu en todo un éxito non só en Alemaña senón tamén en Suíza e Austria. As votacións do " UlFS" quedaron da seguinte maneira: 

 

Superfinalistas:
1º. Jamie-Lee Kriewitz - Ghost: 44.5%
2º. Alex Diehl - Nur ein Lied: 33.9%
3º. Avantasia - Mystery of a blood red rose: 21.6%

Finalistas:
- Ella Endlich - Adrenalin
- Gregorian - Masters of chant
- Joco - Full moon
- Keoma - Protected
- Laura Pinski - Under the sun we are one
- Luxuslarm - Solange Liebe in mir wohnt
- Woods of Birnam - Lift me up (From the underground)

 

Nina Kraljić representará a Croacia no seu regreso a Eurovisión

Croacia xa ten representante na súa volta a Eurovisión e dous anos despois da súa última participación tamén en territorio sueco, será Nina Kraljić, gañadora da edición croata de "The Voice" o ano pasado, a encargada de viaxar a Estocolmo para intentar convencer ao público.

 

 A decisión comunicouna esta mañá a HRT, a televisión pública do país que se decantou así por unha selección interna para a elección da súa representante. Os rumores da participación de Nina xa corrían o ano pasado cando a cantante afirmou que "ir a Eurovisión sempre fora o seu soño" e faráo así realidade sobre o Globen Arena.

 

 En canto á canción, Nina declarou que a canción será "algo diferente e especial aínda que fiel ao seu estilo e incluindo elementos modernos"

 

 

Jamala representará a Ucraína na súa volta a Eurovisión con "1944"

Ucraína xa ten representante na súa volta a Eurovisión logo de retirarse o pasado ano pola situación económica que atravesaba o país. A elexida é Jamala, unha artista que viaxará así a Estocolmo para intentar convencer a Europa coa canción "1944", unha canción cun toque sentimental que será unha homenaxe aos tátaros de Crimea, os seus ancestros que foron expulsados do territorio ata Asia Central no ano que leva como título o tema musical. 

 

A canción está en inglés e inclúe frases en Tátaro de Crimea, unha lingua variante do turco. A artista impúxose así aos demais candidatos do "Nacionalsij Vibdir" nunha apretada votación co grupo The Hardkiss. 

 

A final nacional tamén destacou por un histórico número de votos para decidir ao representante vía telefónica (382.000), unha cifra nunca vista no país e algo que demostra o crecente interés dos cidadáns de Ucraína no festival de Eurovisión. 

 

Na gala tamén puidemos ver ao representante de Irlanda en Estocolmo, Nicky Birne e Ruslana (gañadora de Eurovision 2004), que formaba parte do xurado.

 

 

Greta Salomé volve a Eurovisión para representar a Islandia catro anos despois de Bakú

Este ano, o Festival de Eurovisión destacará tamén polos retornos, non só de países senon tamen dos artistas representantes. 

A Kaliopi (ARY Macedonia), Dalal (Bosnia) e Poli Genova (Bulgaria) sumáselle Gréta Salome. A cantante volverá a representar a Islandia en Eurovisión logo da súa participación hai xa catro anos en Bakú aínda que daquela vez estivo acompañada de Jónsi coa canción "Never Forget". 

 

Agora, cando se cumplen trinta anos da primeira participación do país no festival, Greta viaxará a Estocolmo coa canción "Hear them calling", logo de convencer esta noite ao público e xurado do "Söngvapeknnin", a selección nacional pola que pasaron caras coñecidas coma Loreen ou Sandra Kim. Islandia competirá por clasificarse para a Gran Final na primeira semifinal do vindeiro 10 de maio.

Poli Genova volve a Eurovisión catro anos despois para representar de novo a Bulgaria

Bulgaria xa ten representante na súa volta ao Festival de Eurovisión, no que participará por última vez en 2013. 

 

Logo de varios atrasos no anuncio do nome, esta mañá a BNT (Televisión Nacional de Bulgaria) deu a coñecer oficialmente o nome: Poli Genova. A artista xa é unha cara coñecida por moitos xa que representou ao país en Eurovisión 2011 coa canción "Na inat" aínda que non conseguiu clasificarse para a final en Düsseldorf. 

 

Agora a televisión búlgara volve a confiar na artista pola súa profesionalidade non só coma a cantante senón tralo éxito obtido ao presentar o Festival de Eurovisión Junior 2015. Ademais, BNT asegurou que non optou por un método de selección público para non elevar o orzamento destinado á participación no festival. A canción coa que Poli Genova representará ao país está sendo traballada.

 

 

 

Así cambiarán as votacións de Eurovisión este ano por primeira vez dende 1975

Como estaba previsto, a SVT e a UER anunciaron esta mañá un cambio que modificará un aspecto do Festival dunha maneira nunca vista ata agora no evento. Como xa apuntaban algúns rumores dende hai tempo, a organización do Festival de Eurovisión anunciou esta mañá coa axuda da televisión sueca un cambio relacionado cun dos momentos máis emocionantes da competición: as votacións.

Ata agora, cada un dos portavoces encargados de anunciar os votos procedentes de cada país participante, daba a coñecer a que países se outorgaba de un a doce puntos como ven ocorrendo dende 1975. Isto seguirá igual aínda que cambiará a loxística na que se anunciarán ditas votacións a partires deste ano. 

Estes votos procedentes de cada nación era unha media dos votos procedentes dun xurado nacional e os votos do televoto do público vía SMS ou chamada e máis recentemente mediante a APP oficial. A partir de agora, os portavoces darán a coñecer só os votos dos seus respectivos xurados nacionais e non o do televoto, que será anunciado polos presentadores do festival posteriormente. 

 

Este cambio outorgará unha dose máis de emoción ás votacións debido a que a partir de agora o gañador non se coñecerá ata o último minuto e non como ata agora, que xa se sabía antes de que rematasen as votacións quen levaba o microfono de cristal. 

Segundo os organizadores do evento, entre eles produtores coma Christen Björkman ou o propio Jon Ola Sand ( produtor executivo do Festival) é "unha nova forma de presentar os votos, un paso adiante que permitirá crear un espectáculo mellor e unha competición moito máis emocionante" e engadiron que a decisión tomouse por unanimidade no Grupo de Referencia da UER e levase baraxando esta posibilidade dende o 2012 e realízase para crear "televisión máxica". 

Este sistema xa é empregado anualmente no popular Melodifestivalen sueco, polo que a SVT xa conta coa experiencia para realizar un cambio destas características nun evento seguido o ano pasado por 197 millóns de persoas no mundo e tratándose ademais do cambio máis grande nas votacións dende 1975. 

 

Ademais, Estocolmo volverá facer historia na implantación de cambios no evento, xa que foi en 1975 como foi citado anteriormente, o ano no que se puxo en marcha o sistema do "douze points" tendo lugar tamén na capital sueca

Universal Music convírtese na discográfica de Barei na súa carreira de Eurovisión 2016

Barei, a representante de España en Eurovisión 2016 xa conta cunha discográfica coa que continuar o seu camiño ata Estocolmo. Barei presentouse dende principio a preselección de Televisión Española sen unha discográfica que apoiase a súa canción, algo que destacou sobre os outros aspirantes. 

 

A cantante desvelou que días antes de "Objetivo Eurovisión" xa tiña varias ofertas sobre a mesa, entre as que se atopaban Sony Music e Universal Music. Finalmente, a cantante decantouse pola segunda delas, ainda que destacou que a decisión "non foi sinxela". Universal Music acompañará así a Barei na súa carreira a Estocolmo, axudando en temas tan importantes coma a posta en escena ou a escenografía e correrá así cos gastos que supoñan estes traballos, debido a que RTVE só se fai cargo dos gastos que teñen lugar no xusto momento do Festival, entre o 10 e o 14 de maio. 

 

Esta será a primeira vez dende 2009 que Universal Music acompañe a un representante español no evento non deportivo máis seguido do mundo, sendo a discográfica de Soraya Arnelas en Moscú.

 

 

Xeorxia dará o toque de rock en Eurovisión 2016 con "Midnight Love"

A televisión pública de Xeorxia (GBP) revelou esta noite a canción coa que Nika Kocharov e Young Georgian Lollitaz representarán ao país no escenario do Festival de Eurovisión 2016. O xurado invitado pola televisión xeorxiana e composto por Andy Mikheev (xornalista), Christer Björkman (produtor de Eurovisión 2016) e Sasha Jean Baptiste (director) e Marvin Dietmann (deseñador) decidiron que sexa "Midnight Love" a canción que viaxe a Estocolmo, unha canción de rock que marca o estilo do grupo representante. A votación quedou da seguinte maneira:

1. Midnight Gold - 82,50
2. Sugar and Milk - 36,60 
3. Right or Wrong - 30,57 
4. We Agree - 30,42
5. Pain in My Heart - 27,84 
 
Pode ver deseguido a actuación neste vídeo:

 

Descubre o impresionante escenario "sin límites" de Eurovisión 2016

A televisión pública sueca SVT (Sveriges Television)deu a coñecer o deseño do escenario do Festival de Eurovisión 2016 que ten lugar os días 10, 12 e 14 de maio. O xa calificado por moitos de "impresionante" deseño foi levado a cabo por Frida Advirsson e Viktor Bratssröm, os que foran responsables tamén do deseño do escenario do Festival en 2013. 

 

Con este deseño, un deseño calificado polos deseñadores coma "algo nunca visto", Suecia semella que non defraudará. " Queremos facer algo para que a xente se pregunte se é posible o que están a ver", di Viktor que tamén avanza que por primeira vez as pantallas LED que formarán o escenario non estarán coma un fondo deste senón que permitirán que "os artistas se movan por elas", calificando que o escenario será " poderoso e forte". 

 

Así mesmo, Frida asegura que se centrarán nunha "expresión máis suave sen proxectores nin píxels, intentando crear ilusións ópticas ao púbico".

Vexa, deseguido, o vídeo promocional do deseño do escenario.

 

 

 

Francesca Michielin, subcampeona do San Remo, representará a Italia en Eurovisión 2016

Logo de que esta noite o grupo Stadio, gañadores do Festival de San Remo 2016 declinasen a oferta de representar ao país en Eurovisión, a RAI viuse obligada a buscar outros participantes do festival da canción italiana que quixese viaxar a Estocolmo. 

A elexida é Francesca Michielin, subcampeona do evento, quen representará a Italia na 61 edición do Festivalde Eurovisión e faráo coa canción "Nessun grado di separazione" ("Sen un grao de separación"). Francesca Michielin convenceu onte ao televoto e ao xurado do tradicional festival celebrado no Teatro Ariston, convertíndose na subcampeona do evento.