Mañá arranca en Italia o Festival de San Remo cos primeiros dez aspirantes
Mañá arranca en Italia a edición número 66 do tradicional Festival de San Remo, cuxo gañador terá a oportunidade se o desexa, de representar ao país no vindeiro Festival de Eurovisión 2016.
Nesta primeira gala que emitirá mañá a RAI1, 10 artistas intentarán convencer ao público italiano para poder gañar o festival que terá lugar no Teatro Ariston como é habitual e optar a levar consigo as cores italianas a Estocolmo.
Nunha rolda de prensa, hai tan só uns minutos, a RAI anunciou que os primeiros 10 aspirantes son os seguintes:
Arisa – Guardando il Cielo
Bluvertigo – Semplicemente
Caccamo & Deborah Iurato – Via Da Qui
Dear Jack – Mezzo Respiro
Irene Fornaciari – Blu
Lorenzo Fragola – Infinite Volta
Noemi – La Borssa di una
Rocco Hunt – Wake Up
Enrico Ruggeri – Il Primo Amore Non Si Scorda Mai
Stadio – Un Giorno mi Dirai
O festival máis popular da música italiana celebra así mañá a súa primeira semifinal sendo a segunda e terceira das semifinais o Mércores e o Xoves. Estará presentado de novo por Carlo Conti.