Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Frans Jeppsson-Wall triunfa no 'Melodifestivalen' e representará a Suecia en Estocolmo

Onte tivo lugar en Suecia a final dun dos eventos eurovisivos máis seguidos e populares do continente: o Melodifestivalen, celebrado no Friends Arena de Estocolmo. Tralas actuacións dos doce aspirantes ao triunfo, a votación do televoto así como do xurado nacional e internacional elixiron a un dos favoritos para o triunfo, Frans Jeppsson-Wall como gañador desta edición do concurso. O artista viaxará así a Estocolmo para representar ao país anfitrión e faráo coa canción "If I were sorry", pasando directamente á final do evento no Globen Arena. Mire, a continuación, os resultados da gala:

  1. Panetoz – Håll om mig hårt (8th – 53)
  2. Lisa Ajax – My Heart Wants Me Dead (7th – 56)
  3. David Lindgren – We Are Your Tomorrow (11th – 39)
  4. Saraha – Kizunguzungu (9th – 47)
  5. Oscar Zia – Human (2nd – 132)
  6. Ace Wilder – Don’t Worry (3rd – 118)
  7. Robin Bengtsson – Constellation Prize (5th – 83)
  8. Molly Sandén – Youniverse (6th – 76)
  9. Boris René – Put Your Love On Me (10th – 41)
  10. Frans – If I Were Sorry (1st – 156)
  11. Wiktoria – Save Me (4th – 114)
  12. Samir & Viktor – Bada nakna (12th – 31)

 

Donny Montell representará de novo a Lituania catro anos despois

Tras dez intensas semanas de eliminatorias, esta noite tivo lugar en Lituania a final do "Eurovizijos", a final nacional do país na que se elixiu ao seu representante en Estocolmo. O encargado de viaxar este ano dende Lituania á capital sueca e sede do festival será o xa coñecido Donny Montell, representante do país en 2012 e que volverá defender así as cores lituanas sobre o escenario do Globen Arena. A canción que cantará e que convenceu a público e xurado lituanos é  "I've been waiting for this night" ("Estiven esperando por esta noite"), impoñéndose ás demais candidaturas cuxo resultado poden ver deseguido:

  1. Ruslanas Kirilkinas – In My World – 6th
  2. Ieva Zasimauskaitė – Life (Not That Beautiful) – 5th
  3. Aistė Pilvelytė – You Bet – 4th
  4. Erica Jennings – Leading Me Home – 2nd
  5. Rūta Ščiogolevaitė – United – 3rd
  6. Donny Montell – I’ve Been Waiting For This Night -1st

 

Gabriela Gunčíková, da República Checa a Estocolmo

A televisión pública da República Checa (Česka televize) desvelou xa onte o nome da súa representante no Festival de Eurovisión 2016. Trátase de Gabriela Gunčíková, unha cantante xa coñecida no seu país trala súa participación na segunda temporada do talent show "SuperStar", onde foi finalista. Gabriela cantará a canción "I stand" sobre o escenario do Globen Arena de Estocolmo e declarou que "é especialmente unha honra para ela" representar ao país "no único proxecto no mundo coma unha dimensión que se centra na música de toda Europa" que compara coma a "Eurocopa da música". Gabriela intentará así levar ao país á sua primeira final da historia da súa participación en Eurovisión.

Samra representará a Acerbaixán en Eurovisión 2016 con "Miracle"

Ictimai TV, a televisión pública de Acerbaixán, confirmou onte á mañá o nome da súa representante no vindeiro Festival de Eurovisión. Trátase de Samra Rahimli, unha cantante de 22 anos que viaxará a Estocolmo para representar as cores do país coa media de puntos obtidos máis alta do Festival. A cantante, que xa participou nas versións turca e azerí de "The Voice", cantará a canción " Miracle" no escenario do Globen Arena de Estocolmo, canción que será publicada esta fin de semana.

VÍDEO: Así é o videoclip de Barei para Eurovisión 2016: internacional, multicultural e con moito ritmo

Esta tarde chegou un dos momentos máis esperados nos últimos días: a presentación do videoclip oficial de "Say Yay", a canción coa que Barei representará a España en Eurovision 2016. O videoclip, que comeza coa cantante en Estocolmo, mostra persoas de diferentes países e culturas unidas baixo o ritmo da súa canción. Polos primeiros comentarios, o videoclip semella gustar en Europa e co videoclip foi presentada tamén a versión retocada e definitiva da canción que soará no escenario do Globen Arena de Estocolmo. Disfrútao na ligazón que se mostra deseguido:

Romanía aposta polo rock para Eurovisión 2016 con Ovidiu Anton

Romanía xa ten representante en Eurovisión 2016 e esta vez será a ritmo de rock. E é que a pasada noite tivo lugar na localidade romanesa de Baia Mare a final do "Selectia Nationala", a preselección do país para elixir o seu representante en Estocolmo, representante que será o artista Ovidiu Anton coa canción " Moment of silence". A aposta máis rockera da noite convenceu así a público e xurado do programa, impoñéndose aos outros catro finalistas.

Sanja Vučić representará a Serbia en Estocolmo

Esta tarde, a televisión pública serbia (RTS) desvelou a incógnita máis esperada sobre a súa participación en Eurovisión 2016: o nome da súa representante. Como xa apuntaban alguns rumores e informacións da prensa serbia, será Sanja Vučić quen colla o avión para viaxar a Estocolmo no vindeiro mes de Maio. Sanja é unha artista de 22 anos que está a estudar Filoloxía inglesa e que é capaz de falar cinco idiomas que representará así ao país do báltico coa canción "Shelter", en inglés e cuxa letra foi escrita porIvana Peters. Ela é membro dunha banda e os seus estilos musicais van dende o R&B ata o folk, pasando polo Jazz ou o hip-hop e o reggae.

Michal Szapk supera ás favoritas Edita e Margaret e representará a Polonia en Estocolmo

A noite remata en sorpresa, sorpresa que chega dende Polonia onde esta noite tivo lugar a final do Krakowce Eliminacje, a preselección nacional na que nove artistas loitaron por representar ao país en Eurovision 2016. Na final, na que participaron entre outros a primeira representante polaca no festival, Edyta Gorniak e Margaret, as grandes favoritas da noite. Así, contra todo pronóstico a audiencia elixiu a Michal Szapk coa canción "Colour of your life" para viaxar a Estocolmo. Polonia leva varias semanas coma a favorita nas casas de apostas de pago debido ás expectativas de que Margaret fose a gañadora polo que, seguirá Polonia liderando as apostas?

Jüri Poostman representará a Estonia en Estocolmo con "Play"

Esta noite culminou en Estonia a final do "Eesti Laul", a gala na que dez artistas loitaron, nun primeiro momento, por pasar á coñecida Superfinal e estar así máis cerca de viaxar a Estocolmo. Nesta última ronda foron tres os artistas participantes, ronda na que público e xurado se decidiron por Jüri Poostman que coa súa canción " Play", representará a Estonia en Eurovision 2016. Jüri, que xa partía coma favorito para gañar, obtivo a máxima puntuación tanto dos espectadores coma dos xuíces do evento. Na gala, presentada por Märt Avand e Ott Sepp, destacou tamén a actuación de alguns representantes estonios no festival. Jüri intentará clasificarse para a grande final de dentro de setenta na primeira semifinal do concurso o Martes 10 de maio.

Hovi Star representará a Israel en Estocolmo

Onte tivo lugar en Tel Aviv, Israel, a final do "HaKokhav HaBa L’Eirovizion" ("Rising Star for Eurovision") na que catro artistas loitaron en diferentes duelos, convertirse no representante do país en Eurovisión 2016. Logo de interpretar cancións xa coñecidas tres artistas pasaron á ronda final, na que Hovi Star coa canción "Made of stars" convenceu ao 68% do público e viaxará así a Estocolmo. 

Israel actuará na segunda semifinal do evento no Globen Arena de Estocolmo. Os finalistas do programa e as súas porcentaxes de voto son as seguintes: 

1. Hovi Star – “Made of Stars” (68%) 

2. Nofar Salman (67%) 

3. Ella Daniel – “Somebody out there” (58%)

 

Pág. 1/2