Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A SBS elixe a Dami Im coma representante de Australia en Eurovisión 2016

Australia xa ten representante para o Festival de Eurovisión 2016. Así o anunciou a SBS, a televisión do país membro da UER nun evento da comunidade LGTB tendo a Conchita Wurst coma mestra de cerimonias e coma encargada de dar a coñecer o nome da artista que viaxará a Estocolmo: Dami Im. A cantante, de ascendencia surcoreana, é coñecida no país por gañar "X Factor" en 2013 e por atoparse en múltiples ocasións nas listas de éxitos máis destacadas do país. Dami mostrouse leda de ser a representante australiana e encantada "de seguir os pasos de Jessica Mauboy e Guy Sebastian no escenario de Eurovisión" e atópase segura de que a súa canción, aue será presentada o 11 de marzo "gustará a todo o mundo"

Pág. 2/2