Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Os traballadores da SVT convocan unha folga que pode chegar a afectar a Eurovisión

Unha ampliación de salario e mellores condicións de cara a xubilación. Ese é o motivo polo que ata 10.000 traballadores da televisión pública sueca (SVT) están convocados a unha folga a partires do 18 de abril, folga que se se prolonga no tempo podería afectar ao desenvolvemento do Festival de Eurovisión a menos dun mes do seu comezo, mes clave para a realización do evento debido á construcción do escenario e a preparación dos recintos que acollerán o EuroClub e o EuroBar así como outros puntos clave da celebración eurovisiva na capital sueca.

 

En declaracións ao xornal sueco Aftonbladet, Hélène Sahlin, directora de Recursos Humanos da SVT mostrase optimista pero anuncia que a folga afectará en gran parte á programación das canles públicas suecas e afirma "estar traballando para evitar problemas ao público". Malia a iso, "hai un risco que non pode ser excluído" e que pode afectar ao Festival, engade a directiva do canle.

 

Isto e a participación na folga de ata 50 traballadores que forman parte da organización de Eurovisión 2016, entre os que se atopan cámaras, realizadores e outras e outros profesionais, podería retrasar os traballos previos á celebración do evento aínda que dende o ente público sueco confían en "poder ofrecer o mellor espectáculo"

 

 

Finlandia e Letonia abrirán as semifinais de Eurovisión 2016

A televisión pública sueca (SVT) e a UER anunciaron onte á mañá a posición na que actuarán os diferentes países nas semifinais do Festival de Eurovisión 2016, para cuxo inicio quedan tan só 31 días.

 

O método elexido para decidir esta orde foi o mesmo ca dende 2013 posibilitando un espectáculo máis "emocionante" de maneira que as cancións do mesmo estilo musical non teñan lugar de maneira seguida. Desta maneira, Finlandia e Letonia abrirán a primeira e a segunda semifinal respectivamente, sendo Malta e Bélxica os encargados de pechar cada unha das eliminatorias antes de coñecer o nome dos dez finalistas, finalistas que serán elixidos polos xurados e o televoto europeo.

 

As semifinais de Eurovisión 2016 terán lugar os días 10 e 12 de maio no Globen Arena de Estocolmo e poderán ser seguidas en España mediante La 2 de Televisión Española a partires das 21:00 CET así como tamén en YouTube e en eurovision.tv.

Mire, deseguido, a posición dos participantes nas semifinais.

1.ª Semifinal
 
1. Finlandia
2. Grecia
3. Moldavia
4. Hungria
5. Croacia
6. Holanda
7. Armenia
8. San Marino
9. Rusia
10. República Checa
11. Chipre
12. Austria
13. Estonia
14. Acerbaixán
15. Montenegro
16. Islandia
17. Bosnia e Hercegovina
18. Malta
 
2.ª Semifinal:
1. Letonia
2. Polonia
3. Suíza
4. Israel
5. Bielorrusia
6. Serbia
7. Irlanda
8. ARI Macedonia
9. Lituania
10. Australia
11. Eslovenia
12. Romania
13. Bulgaria
14. Dinamarca
15. Ucraína
16. Noruega
17. Xeorxia
18. Albania
19. Bélxica

 

 

Barei acada o TOP10 das apostas de pago a un mes do Festival

Barei continuou nos últimos días e continuará coa súa promoción europea de cara ao Festival de Eurovisión, unha promoción que semella colleitou os seus froitos. E é que hai un mes, España sitúabase por debaixo do vixésimo posto da clasificación nas apostas de pago de cara ao Festival mentras que hoxe a cantante madrileña atópase no noveno posto.

 

Este ascenso imparable da cantante nas últimas semanas deberíase á boa acollida do seu tema "Say Yay" nas "prefestas" de Riga e Moscú e tamén á promoción doutros rivais no festival coma o francés Amir que se atreveu a versionar a canción española para o Festival.

 

Barei acudirá tamén nos vindeiros días a varios eventos en Tel Aviv e Londres e tamén ao "Eurovision in Concert" de Ámsterdam que ten lugar este Sábado, un evento que conseguiu récord de participación con 28 artistas que acudirán á capital dos Países Baixos no que é o evento previo ao propio Festival máis multitudinario.

 

Esta semana cumplíanse 46 anos da victoria de Massiel no escenario do Royal Albert Hall de Londres. Traerá de novo Barei o micrófono de vidro a España?