Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A televisión pública bosnia cesa as súas emisións temporalmente debido á débeda contraída

Bosnia e Hercegovina convertiráse o vindeiro 30 de xuño no primeiro país europeo sen un servicio público de televisión. Así o anunciou esta mañá o equipo directivo da BHRT (Radiotelevisión de Bosnia e Hercegovina) ao dar a coñecer que o canle do ente público cesará as súas emisións a finais do vindeiro mes de forma inmediata e sen o plazo concreto no que só se verá negro na frecuencia da cadea.

 

Esta situación prodúcese debido á débeda que o servizo público ten contraída dende os últimos anos, débeda que ascende a un total de 25 millóns de marcos bosnios, o equivalente a 12,8 millóns de euros. Esta débeda vense acumulando logo de que as bosnias e os bosnios deixasen de pagar un canon como ocorre en países coma Italia, para prever ao servizo de financiación, financiación nula nos últimos meses e que fixo á cúpula da BHRT verse obrigada a pedir axuda ao Goberno. 

 

Como anunciamos dende este blogue, de non reembolsar a débeda que ten contraída a BHRT coa UER, a televisión pública bosnia será expulsada da alianza europea e, polo tanto, non poderá participar no Festival de Eurovisión

 

 

 

Austria confirma que tamén participará en Ucraína

A ORF, a televisión pública de Austria, confirmou esta tarde que estará de novo presente no Festival de Eurovisión en 2017, Festival no que celebrarán a súa 50 participación no concurso, concurso que medrou en popularidade no país trala victoria en 2014 de Conchita Wurst e a posterior organización do pasado Festival de 2015. 

 

A televisión austriaca non confirmou de momento máis detalles sobre o método que empregarán para elixir á sucesora ou sucesor de Zoë, representante do país en Estocolmo que obtivo a 14 plaza da clasificación. Con Austria, xa son 18 os países que confirmaron a súa participación en Ucraína.

 

A televisión pública de Bosnia e Hercegovina podería ser explusada da UER pola débeda contraída

A BHRT, a televisión pública de Bosnia e Hercegovina ten coma prazo o vindeiro martes, 31 de maio, para devolver á Unión Europea de Radiodifusión a débeda contraída coa organización nos últimos anos, débeda que ascende aos 5,4 millóns de euros, unha cifra que de non ser devolta suporía a expulsión do ente bosnio da alianza europea e tamén a privación da rede de emisións dependentes da UER coma a Eurocopa ou outros.

 

De ser a televisión bosnia expulsada unha realidade, suporía a retirada do país do Festival de Eurovisión como ocorreu xa este ano con Romanía, país descalificado antes da celebración do evento debido a unha débeda de 14,5 millóns de francos suízos contraída coa UER.

 

Israel e Letonia confirman tamén a súa participación en Ucraína

Xa son 16 os países que confirmaron ou manifestaron o seu interese en participar de novo no Festival de Eurovisión. A esta lista súmanse Israel e Letonia, cuxas televisións públicas, a IBA e a LTV respectivamente confirmaron a diversas páxinas web relacionadas co mundo de Eurovisión que estarán en Ucraína.

 

Dende Israel, a IBA confirmou que volver usar o talent show "Hakhobab Haba" ("The next star") para elixir ao seu representante, un método de elección que fixo posible a clasificación do país nas finais de 2015 e 2016 tras varios anos quedando en semifinais. En canto a Letonia, a televisión pública do país aínda non revelou que método empregarán para elixir ao seu representante no vindeiro Festival.

 

 

 

 

Irlanda confirma a súa participación en Eurovisión 2017

Tras tres anos sen conseguir o pase á final, Irlanda loitará de novo por volver a ser o país co maior número de victorias no evento —sete en total— que destacan cos resultados obtidos nas últimas edicións. A televisión pública do país (RTÉ) confirmou así a súa participación do país na vindeira edición do Festival en Ucraína. Malia os resultados obtidos, Nicky Byrne, representante do país en Estocolmo, afirma que "continuará amando o Festival".

 

 

O Festival de Eurovisión 2016 obtén unha audiencia global de 204 millóns de espectadores

O Festival de Eurovisión crece cada ano e así o demostran as incríbles cifras que fan públicas a Unión Europea de Radiodifusión, que anuncia que a 61 edición do evento celebrado en Estocolmo acadou unha audiencia global de 204 millóns de espectadores nas 42 televisións participantes, sen sumar a este dato as audiencias obtidas nos países que non formaron parte do evento pero que si o retransmitiron, como é o caso da China.

 

Ademais, o evento acadou neste ano unha cota de pantalla media do 36,3% en 40 das 42 canles de televisión participantes, unha cifra que duplica ao share que acada normalmente na franxa do prime-time os ditos canles. Nestas cifras, tamén destaca o grande seguimento do Festival na franxa de idade comprendida entre os 15 e os 24 anos, franxa de idade xuvenil na que o evento acada a importante cifra do 42,4% de share, catro veces máis do habitual nesas cadeas. 

 

En canto ás subidas e baixadas de audiencia destaca o grande ascenso do seguimento en países con Alemaña, co seu mellor dato dende 2011 e tamén Suecia, mentres que polo outro lado destacan España cunha baixada de nove puntos de cota e Grecia, cunha baixada de máis de vinte. Ademais destaca o fiel seguimento da audiencia islandesa, que malia estaren dous anos fóra da final, fan cun 95,5% de share o país co dato máis alto. 

 

A todos estes datos hai que sumar tamén os 2.600.000 espectadores que optaron por seguir o evento en Eurovision.tv e YouTube, emisión pola rede emitida a case 200 países.

 

Bélxica, Países Baixos e Polonia confirman a súa participación en Eurovisión 2017

Xa son máis dunha decea os países, que tan só unha semana despois de Eurovisión 2016, xa confirmaron a súa participación na próxima edición do evento. Á lista de 11 países que xa confirmaron ou manifestaron a súa intención de viaxar a Ucraína, sumáselles hoxe Bélxica, os Países Baixos e Polonia.

 

As televisións públicas dos tres países, a RTBF (de fala francófona), a AVROTROS e a TVP respectivamente, confirmaron así a súa participación na 62 edición do Fesival, aínda que non indicaron máis detalles sobre o método que seguirán para elixir os seus representantes.

 

 

Nina Kraljić leva o premio "Barbara Dex Award" á peor vestimenta de Eurovisión 2016

Como cada ano, os euroafecionados teñen a posibilidade de elixir a peor vestimenta da edición eurovisiva, unha eleción que fai á máis votada ser galardoada co "Barbara Dex Award", un premio que desta vez vai para a representante croata Nina Kraljić. A cantante de "Lighthouse" obteu así 770 dos 2221 posibles votos, superando en grande medida á segunda e á terceira clasificada, Jamie-Lee Kriewitz (Alemaña) e Rykka (Suíza) respectivamente, que obtiveron 335 e 201 puntos cada unha.

 

A televisión alemá planea cambios na súa final nacional para Eurovisión

Tras quedar dous anos consecutivos no último lugar da tabla de votacións en Eurovisión, primeiro en Viena con Ann Sophie e este ano en Estocolmo con Jamie-Lee, a televisión pública do país xa traballa nos posibles cambios que experimentará o "Ünser lied für...", a súa final nacional na que se elixe ao representante do país no evento europeo.

 

A revista Focus recolle que dende a ADR, os responsables da preselección barallan diversas posibilidades para mellorar a súa posición no concurso. Entre estas posibilidades atópase a de centrar o programa de selección nos temas musicais e non nun determinado artista, de maneira que se poida potenciar máis o tema entregado á organización do programa e atopar así a mellor produción posible. Este método atoparíase entre algúns dos que barallan, método que de ser empregado, será anunciado oficialmente pola televisión xermánica nos vindeiros meses.

A polémica volve saltar trala publicación dun video no que Jamala interpreta "1944" no ano pasado

A polémica en torno a canción gañadora de Eurovisión 2016 continúa estando presente cada día, e hoxe saltaba trala publicación dun video no que Jamala interpretaba o 23 de maio de 2015 a canción "1944" nunha especie de concerto a porta fechada na que tamén se incluiron outras cancións da artista.

 

Desta maneira saltou o debate de se a representante ucraniana incluiu as regras do Festival que ditan que unha canción publicada antes do 1 de Septembro do ano anterior á elaboración do Festival (é dicir, se o Festival  é en 2016, a data límite sería o 1 de Septembro de 2015). No entanto, incumpliu Jamala as regras? 

 

A resposta en principio sería non, xa que a regra engade que a canción non pode ser publicada "comercialmente" antes da data límite. Algo (isto último) do que non existe constancia.

 

 

Pág. 1/4