Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Revelados os portavoces dos votos do xurado dos 42 países na grande final desta noite

Xa queda menos para que dea comezo a grande final de Eurovisión 2016 e todo ten que estar a punto, entre eso todo a votación. Deseguido, pode ollar o nome dos corenta e dous portavoces do xurado de cada país, portavoces entre os que hai caras coñecidas relacionadas co festival.

  1. Austria: Kati Bellowitsch
  2. Iceland: Unnsteinn Manuel Stefansson
  3. Azerbaijan Tural Asadov
  4. San Marino: Lorenzo Salvatori (IROL MC)
  5. Czech Republic: Daniela Písařovicová
  6. Ireland: Sinéad Kennedy
  7. Georgia: Nina Sublatti
  8. Bosnia and Herzegovina: Ivana Crnogorac
  9. Malta: Ben Camille
  10. Spain: Jota Abril
  11. Finland: Jussi-Pekka Rantanen
  12. Switzerland: Sebastiano Pau Lessi (Sebalter)
  13. Denmark: Ulla Essendrop
  14. France: Elodie Gossuin
  15. Moldova: Olivia Furtuna
  16. Armenia: Arman Margaret Ryan
  17. Cyprus: Luke Hamatsos
  18. Bulgaria: Anna Angelova
  19. Netherlands: Trijntje Oosterhuis
  20. Latvia: Toms Grevins
  21. Israel: Ofer Nachshon
  22. Belarus: Uzari
  23. Germany: Barbara Schönberger
  24. Russia: Nyusha
  25. Norway: Elisabeth Andreassen
  26. Australia: Lee Lin Chin
  27. Belgium: Umesh Vangaver
  28. United Kingdom: Richard Osman
  29. Croatia: Nevena Rendeli
  30. Greece: Constantinos Christophorou
  31. Lithuania: Ugne Galadauskaitė
  32. Serbia: Dragana Kosjerina
  33. Macedonia: Dijana Gogova
  34. Albania: Andri Xhahu
  35. Estonia: Daniel Viinalass
  36. Ukraine: Verka Serduchka
  37. Italy: Claudia Andreatti
  38. Poland: Anna Popek
  39. Slovenia: Marjetka Vovk
  40. Hungary: Ms Tatar
  41. Montenegro: Danijel Alibabic
  42. Sweden: Gina Dirawi

ESTA NOITE: Grande final da 61 edición do Festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo

Señoras e señores. A 61 edición do Festival da Canción de Eurovisión celebra esta noite a súa grande final no Globen Arena de Estocolmo, recinto no que os 26 países finalistas intentarán convertirse no vindeiro país gañador do evento, país gañador que non se coñecerá ata o último minuto do programa grazas ao novo sistema de votación, no que votos de xurado e televoto son anunciados de maneira separada. 

Esta noite promete e é que tamén estará o artista americano Justin Timberlake, que interpretará un "medley" das súas máis coñecidas cancións ademais de desfrutar dun magnífico interval act e tamén da actuación de Måns Zelmerlöw ao ritmo de "Heroes" e acompañado dun grupo de bailarinas e bailaríns.

Olle, deseguida, o posto no que actuarán os diferentes países na final:

  1. Belgium
  2. Czech Republic
  3. The Netherlands
  4. Azerbaijan
  5. Hungary
  6. Italy
  7. Israel
  8. Bulgaria
  9. Sweden
  10. Germany
  11. France
  12. Poland
  13. Australia
  14. Cyprus
  15. Serbia
  16. Lithuania
  17. Croatia
  18. Russia
  19. Spain
  20. Latvia
  21. Ukraine
  22. Malta
  23. Georgia
  24. Austria
  25. United Kingdom
  26. Armenia

Semifinal 2: Xeorxia da a sorpresa clasificándose nunha gala na que se "musicalizou" a historia do festival

Dezaoito novos países competiron na noite do xoves por convertirse nun dos dez finalistas que se suman así aos outros dez elixidos na primeira semifinal do martes. A gala comezou con unha especie de musical, no que os presentadores do evento, Petra Mede e Måns Zelmerlöw repasaron os sesenta e un anos de historia do evento cunha actuación ben divertida. Tras este inicio, Letonia foi o primeiro país en actuar e en asombrar co seu representante Justs que interpretou o tema "Heartbeat" composto pola súa predecesora Aminata acompañado por unha escenografía un tanto asombrosa.

Durante a noite, máis reñida que a primeira semifinal, puidemos desfrutar das actuacións de países como Australia e Ucraína que xa se posicionan como as favoritas para a victoria xunto con Francia, Armenia e Rusia. Outros como a ARI Macedonia non lograron asegurarse o pase á final con Kaliopi que repite no evento tras representar ao país en 1997 e 2012 conseguindo o 14º posto. Tampouco conseguiu pasar á final o representante de Irlanda, o ex-membro da banda de pop dos 90 Westlife, Nicky Birne, que coa súa canción "Sunlight" deixou ao país fora da final por terceiro ano consecutivo. En canto aos "eurodramas" da noite destacaron a clasificación de Xeorxia e Noruega, que non conseguiu pasar á final coa súa canción "Icebreaker".

Os dez finalistas foron os seguintes:

  • Australia (Dami Im, “Sound of Silence”)
  • Belgium (Laura Tosoro, “What’s the Pressure”)
  • Bulgaria (Poli Genova, “If Love Was a Crime”)
  • Georgia (Nika Kochorov & Young Georgian Lolitaz, “Midnight Gold”)
  • Israel (Hovi Star, “Made of Stars”)
  • Latvia (Justs, “Heartbeat”)
  • Lithuania (Donny Montell, “I’ve Been Waiting For This Night”)
  • Poland (Michał Szpak, “Colour of Your Life”)
  • Serbia (ZAA Sanja Vučić, “Goodbye [Shelter]”)
  • Ukraine (Jamala, “1944”)