Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Erro nas votacións do xurado de Dinamarca: Ucraína perdería 12 puntos

Ucraína perdería 12 puntos da clasificación final de Eurovisión 2016. Os votos da membro do xurado de Dinamarca, Hilda Heick, foron anunciados incorrectamente. Así o anunciou esta mañá a ex cantante danesa á prensa do país, asegurando que suministrou os votos de forma incorrecta xa que os seus 12 puntos serían entregados a Australia e non a Ucraína, como finalmente ocorreu. Olle, deseguido, a explicación do ocorrido:

 

TOP10 entregado de maneira incorrecta:

  1. Xeorxia
  2. Ucraína
  3. Croacia
  4. Armenia
  5. Serbia
  6. Alemaña 
  7. Austria
  8. Malta
  9. Chipre
  10. República Checa

TOP10 que realmente a membro do xurado quería outorgar:

  1. Australia
  2. Países Baixos
  3. Rusia
  4. Francia
  5. Bélxica
  6. España 
  7. Suecia
  8. Israel
  9. Italia
  10. Polonia

Desta maneira, os votos afectarían deste modo á votación global do xurado dinamarqués:

  1. Australia – 12 points (en lugar de 10 points)
  2. Netherlands – 10 points (Recibiría 3 puntos máis)
  3. Belgium – 8 points (Sen variación)
  4. Sweden – 7 points (Recibiría 3 puntos máis)
  5. Bulgaria – 6 points (Sen variación
  6. Spain – 5 points (Recibiría 4 puntos máis)
  7. Israel – 4 points ( " 2 máis)
  8. Russia – 3 points (3 máis)
  9. France – 2 points (2 máis)
  10. Lithuania – 1 point (4 máis)

A votación xeral quedaría así:

  1. Ukraine – 522 points (Loses 12 points)
  2. Australia – 513 (Gains 2 points)
  3. Russia – 494 (Gains 3 points)
  4. Bulgaria – 307
  5. Sweden – 264 (Gains 3 points)
  6. France – 259 (Gains 2 points)
  7. Armenia – 249
  8. Poland – 229
  9. Lithuania – 196 (Loses 4 points)
  10. Belgium – 181
  11. The Netherlands – 156 (Gains 3 points)
  12. Malta – 153
  13. Austria – 151
  14. Israel – 137 (Gains 2 points)
  15. Latvia – 132
  16. Italy – 124
  17. Azerbaijan – 117
  18. Serbia – 115
  19. Hungary – 108
  20. Georgia – 104
  21. Cyprus – 96
  22. Spain – 81 (Gains 4 points)
  23. Croatia – 73
  24. United Kingdom – 59 (Loses 3 points)
  25. Czech Republic – 41
  26. Germany – 11

Diversas persoalidades e senadores rusos apelan ao boicot de Eurovisión 2017 trala victoria de Ucraína

Este Festival de Eurovisión 2016 que recén acaba de rematar semella convertirse nun dos máis polémicos da historia e todo trala victoria onte no Globen Arena de Jamala, a representante ucraniana, que coa súa canción "1944" retrataba a historia da súa avoa e os centos de tártaros de Crimea que foron deportados a Asia Central por Stalin.

 

Tal e como se esperaba, a victoria da cantante foi hoxe fortemente criticada en Rusia, país que xa pedira a retirada da canción por conter consignas políticas, algo que non foi ratificado pola UER, que permitiu a participación da cantante no evento, unha participación que semella sairá cara para o prestixio do festival, ao que moitos atacan por facer dunha vez por todas e oficialmente visible a presenza de política no evento.

 

No país máis grande do mundo, varias persoalidades apelaron ao boicot do que xa califican de "Politvision" o ano que ven e rexeitan a victoria ucraniana como "política" en contra do candidato ruso Sergey Lazarev, que si dou a noraboa a Jamala. Por outro lado, o senador Frantz Klintservich afirma que non foi "Jamala e Ucrania quen gañou o festival, senón que a política gañou á arte". Por se isto non fose pouco, o presidente do comité dos negocios rusos asegurou que a "xeopolítica" gañou e que esta victoria dara "ás aos dirixentes ucranianos aínda que Ucraína coa victoria do evento acaba perdendo" retrocedendo nos procesos de paz coa Federación Rusa e engade que "Ucraína perdeu o que quería: a paz, e acabou gañando a guerra".

 

No lado positivo, o presidente ucraniano asegurou que "a canción e a actuación foron incríbles. Toda Ucraína diche grazas!". Jamala acabou asegurando onte na conferencia de prensa posterior ao evento que "esta canción era mellor que non existise".

 

 

Primeiros datos das audiencias do Festival de Eurovisión 2016

Un día despois do Festival de Eurovisión, a organización comeza a recopilar os datos das audiencias que rexistrou o evento ao redor do mundo e que puido reunir a máis de 200 millóns de espectadores. Aínda que este dato global non se coñecerá ata dentro duns días, xa coñecemos os datos que se rexistraron nalgúns países.

 

En España, a emisión do Festival de Eurovisión en La 1 de TVE reuniu diante do televisor a case 4,3 millóns de persoas, o que se traduce nunha cota de pantalla do 29,8%, a máis baixa dende 2007, cando o país estivo representado por DNash. Esta baixada dos audímetros deberíase a pouca popularidade de Barei no país, artista que se dou por primeira vez a coñecer nesta aventura eurovisiva.

 

En Francia, ocorreu todo o contrario. No país galo, o evento congregou a 6,4 millóns de telespectadores cun incremento de 477.000 espectadores respecto a 2015 e unha diferenza de tan só 77.000 persoas coa emisión da final de "The Voice", algo inédito e que demostrano crecente interese dos franceses no Festival, que grazas a Amir, obtiveron a mellor posición en 14 anos.

 

Máis ao norte, en Alemaña, o Festival rexistrou o maior dato dende 2011 con 9,3 millóns de espectadores que volveron ver como o seu país quedaba no último lugar por segundo ano consecutivo.

 

Volvendo ao sur, en Italia, a emisión do evento rexistrou unha audiencia maior á pasada edición con 3,3 millóns de espectadores e un share do 16,9%. Dato contrastante co rexistrado nos Países Baixos, no que 4,2 millóns de espectadores seguiron o evento, o que se traduce nun impresionante 66% de cota.

 

En Reino Unido, 7,2 millóns de persoas seguiron o Festival, 600.000 persoas máis que a pasada edición. No país veciño, Portugal e malia non participar no evento, este foi seguido por 505.000 espectadores cun lixeiro ascenso respecto a 2015, edición en que si participaron.

 

Ucraína dá a sorpresa e gaña Eurovisión 2016 superando a Australia e Rusia

A noite non puido ser máis emocionante e en todos os sentidos, emoción que se trasladou sobre todo ás votacións e de maneira incrible. Os portavoces foron anunciando os puntos do xurado profesional de cada un dos seus países, puntos que outorgaron a victoria no voto do xurado de Australia. Cando se pensaba que a representante do país oceánico xa era gañadora, o televoto chegou. Petra Mede e Måns Zelmerlöw anunciaron lentamente os primeiros resultados para os países, entre os que se encontraba desgraciadamente a nosa representante Barei. Os votos seguían a anunciarse ata que chegou o momento de anunciar os resultados finais. Aínda que a maior cantidade de votos do televoto foi para Rusia que contaba con 108 puntos do xurado, iso non foi suficiente para superar a que se coroou gañadora desta 61 edición do Festival, Jamala representante de Ucraína.

 

Máis información, en breve.