Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Tres cidades máis manifestan a súa intención de celebrar Eurovisión 2017

Ademais de Kiev e Odessa, os alcaldes de tres cidades máis manifestaron o seu desexo de que o Festival de Eurovisión 2017 se celebre nas súas respectivas cidades. Trátase das cidades de Lviv, cuxo alcalde dedlarou estaren preparados para celebrar o evento ao máis alto nivel e apunta ao estadio Arena Lviv, con capacidade para case 35.000 persoas, como posible recinto, recinto que precisaría dunha remodelación para acoller o evento. Tamén os representantes políticos das cidades de Dnipropetrovsk e Kherson manifestaron o seu desexo de acoller a celebración do Festival.

 

Finlandia e Francia confirman a súa participación en Eurovisión 2017

A YLE, a televisión pública de Finlandia, xa confirmaron a súa participación na 62 edición do Festival de Eurovisión así como que volverán usar o tradicional UMK (Uuden Musikali Kilpalu) como método para elixir ao seu representante, artista que terá como obxectivo levar ao país á grande final tras dous anos sen pasar ás semifinais. O organizador do UMK engade que é importante "darlle a oportunidade aos xoves artistas para mostrarse a Europa".

 

Por outro lado, e tralo seu mellor resultado en máis dunha década, a televisión francesa France 2 confirmou tamén a súa participación en Ucraína via twitter describindo o día de hoxe como o primeiro de Eurovisión 2017.

 

Así xa son nove os países que manifestaron ou confirmaron a súa intención de participar de novo no evento.

 

Federico Llano, xefe da delegación española, pide á UER un sistema de votación máis xusto para todos

Tralo inesperado vixésimo segundo posto da representante española, Barei, na final de Eurovisión 2016, as críticas saltaron nas redes sociais pedindo á Televisión Española a destitución de Toñi Prieto e Federico Llano, membros da delegación española para o Festival e ata Electric Nana, aspirante a representar ao país neste ano asegurou que non pecha as portas a ir ao Festival pero que necesita "tempo e non dous meses como se estivo facendo ata agora" poñendo como exemplo a Estonia, que xa ten data para a celebración da súa final nacional. 

 

Tralas críticas, o xefe da delegación Federico Llano, afirma que a proposta española merecía un posto moito máis alto e engade que non se precisan de grandes escenografías como a rusa para gañar. Así mesmo asegurou que o sistema de votación en vigor que posúe o Festival é "moi xusto para o gañador, o top 5 e ata o top 10, pero a partires de ahí xa non serve, porque os votos dos países veciños fan subir uns e baixar outros países" e remata decindo que "dende 2002 o sistema de votos cambiou en varias ocasións, e aínda que a perfección non exista, pódese mellorar e ser máis xusto" pedindo así á UER un cambio.

 

De cara a 2017, Federico Llano non desbota o retorno de Ruth Lorenzo ao Festival pero advirte de que "precisan unha canción" e engade que se buscarán tamén "novos talentos con propostas innovadoras como Barei"

Vitali Klitschkó, alcalde de Kiev: "Os preparativos para a celebración de Eurovisión 2017 xa comezaron"

Tan só pasaron dous días dende o Festival de Eurovisión 2015 celebrado en Estocolmo e moitos xa pensan en como e onde será a 62 edición do evento. Trala victoria de Jamala e Ucraína, no país xa se comezan a barallar diversas posibilidades de cara a Eurovisión 2017. Así o confirmou Vitali Klitschkó, alcalde de Kiev, que asegurou que xa comezou a ter conversacións para prover aos visitantes unhas infraestruturas, hoteis e seguridade decente de cara á celebración do evento. O alcalde da cidade que xa acolleu o Festival en 2015, aproveitou para dar a súa noraboa a Jamala e para propoñer o estadio Olympiysky, cunha capacidade para 70.000 persoas, como recinto sede do concurso europeo, engadindo:

Estou moi orgulloso do meu país e moi agradecido a Jamala pola súa victoria, que é moi importante. Kiev será de novo a sede de Eurovisión e faremos todo o necesario para sediar a competición co máximo nivel. Xa comezamos a preparalo.

Segundo a prensa ucraniana, só Odessa e Kiev manifestaron, ata o momento, as súas intencións de acoller o Festival de 2017.