Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Suíza confirma a súa participación en Eurovisión 2017

A RTS, a televisión pública de Suíza confirmou esta mañá a esctoday que participarán na 62 edición do Festival de Eurovisión en Ucraína. A televisión non ofreceu máis detalles sobre o método que empregarán para elixir ao sucesor de Rykka, representante do país en Estocolmo, e que non conseguiu pasar á final deixando a Suíza en semifinais por segundo ano consecutivo. 

 

 

 

Jamala, premiada co "Título de artista do pobo" de Ucraína

Tras conquistar a Europa -dunha maneira ou outra- coa súa canción "1944", Jamala foi recibida en Ucraína como toda unha heroína e reuniuse tamén co presidente do país, Petro Poroshenko e o Ministro de Cultura, Yevhen Nyschuk, que fixo entrega á cantante á cantante o título de "artista do pobo ucraniano" destacando que "foi unha fantástica victoria" e engadindo que "fixo feliz a moita xente".

É unha fantástica victoria. Fixeches a un grande número de xente, feliz

Con este premio, tamén foran premiadas Ruslana, primeira gañadora ucraniana no concurso en 2004, Verka Serduchka (Helsinki 2007) e tamén Ani Lorak, representante do país en Belgrado 2008. Este premio tamén foi entregado a Philip Kirkorov, representante ruso en 1995, sendo un dos poucos artistas non ucranianos en recibir o galardón e que este ano criticou a victoria ucraniana en Estocolmo.

 

Ucraína pode afrontar o custo de organizar Eurovisión 2017, pero con certas condicións

Ucraína si pode afrontar o custo que conlevaría organizar a 62 edición do Festival de Eurovisión. Así o confirmou Jaanika Merilo, asesora do Ministerio de Desenvolvemento Económico do país que o país ten a capacidade de levar a cabo a celebración do Festival cun orzamento similar ao que tuveron as edicións de Tallin 2002 e Malmö 2013, cun custo de 8 e 13 millóns de euros, respectivamente. Ademais, engadiu seren partidarios de celebrar o evento fora da capital, Kiev, promovendo así as oportunidades e o desenvolvemento que ofrecen outras rexións do país.

 

Por outro lado, o antigo presidente da televisión pública do país (NTU), Taras Stetskiv apoiou tamén que Ucraína pode acoller o festival sen impedimentos poñendo como exemplo o orzamento co que contaba o celebrado en Kiev en 2005, orzamento que contaba nun primeiro momento de 23 millóns de euros caeu en 10 millóns situándose finalmente en torno aos 12 millóns de euros gastados. Ademais, engadiu que a posibilidade de organizar o Festival no Oliympyski de Kiev, como apuntou o alcalde da cidade, non é viable e afirma que outra das cidades candidatas a ser sede, Lviv, non conta cos recintos apropiados.

 

Máis información será desvelada nas vindeiras semanas polas autoridades ucranianas e a UER, que aínda non se pronunciou ao respeto.

 

Noruega tamén confirma a súa participación en Eurovisión 2017

O xefe da delegación noruega en Eurovisión, Jan Fredrik Karlsen confirmou a participación de Noruega no vindeiro Festival de Eurovisión. Malia sentirse "decepcionados" por non clasificarse á final en Estocolmo teñen como plan volver participar e "gañar" e di "que foi unha semana increíble nun circo, o de "Eurovisión" (isto non é unha crítica) no que todos fixeron un gran traballo, incluindo a Noruega e Agnete" 

Tres cidades máis manifestan a súa intención de celebrar Eurovisión 2017

Ademais de Kiev e Odessa, os alcaldes de tres cidades máis manifestaron o seu desexo de que o Festival de Eurovisión 2017 se celebre nas súas respectivas cidades. Trátase das cidades de Lviv, cuxo alcalde dedlarou estaren preparados para celebrar o evento ao máis alto nivel e apunta ao estadio Arena Lviv, con capacidade para case 35.000 persoas, como posible recinto, recinto que precisaría dunha remodelación para acoller o evento. Tamén os representantes políticos das cidades de Dnipropetrovsk e Kherson manifestaron o seu desexo de acoller a celebración do Festival.

 

Finlandia e Francia confirman a súa participación en Eurovisión 2017

A YLE, a televisión pública de Finlandia, xa confirmaron a súa participación na 62 edición do Festival de Eurovisión así como que volverán usar o tradicional UMK (Uuden Musikali Kilpalu) como método para elixir ao seu representante, artista que terá como obxectivo levar ao país á grande final tras dous anos sen pasar ás semifinais. O organizador do UMK engade que é importante "darlle a oportunidade aos xoves artistas para mostrarse a Europa".

 

Por outro lado, e tralo seu mellor resultado en máis dunha década, a televisión francesa France 2 confirmou tamén a súa participación en Ucraína via twitter describindo o día de hoxe como o primeiro de Eurovisión 2017.

 

Así xa son nove os países que manifestaron ou confirmaron a súa intención de participar de novo no evento.

 

Federico Llano, xefe da delegación española, pide á UER un sistema de votación máis xusto para todos

Tralo inesperado vixésimo segundo posto da representante española, Barei, na final de Eurovisión 2016, as críticas saltaron nas redes sociais pedindo á Televisión Española a destitución de Toñi Prieto e Federico Llano, membros da delegación española para o Festival e ata Electric Nana, aspirante a representar ao país neste ano asegurou que non pecha as portas a ir ao Festival pero que necesita "tempo e non dous meses como se estivo facendo ata agora" poñendo como exemplo a Estonia, que xa ten data para a celebración da súa final nacional. 

 

Tralas críticas, o xefe da delegación Federico Llano, afirma que a proposta española merecía un posto moito máis alto e engade que non se precisan de grandes escenografías como a rusa para gañar. Así mesmo asegurou que o sistema de votación en vigor que posúe o Festival é "moi xusto para o gañador, o top 5 e ata o top 10, pero a partires de ahí xa non serve, porque os votos dos países veciños fan subir uns e baixar outros países" e remata decindo que "dende 2002 o sistema de votos cambiou en varias ocasións, e aínda que a perfección non exista, pódese mellorar e ser máis xusto" pedindo así á UER un cambio.

 

De cara a 2017, Federico Llano non desbota o retorno de Ruth Lorenzo ao Festival pero advirte de que "precisan unha canción" e engade que se buscarán tamén "novos talentos con propostas innovadoras como Barei"

Vitali Klitschkó, alcalde de Kiev: "Os preparativos para a celebración de Eurovisión 2017 xa comezaron"

Tan só pasaron dous días dende o Festival de Eurovisión 2015 celebrado en Estocolmo e moitos xa pensan en como e onde será a 62 edición do evento. Trala victoria de Jamala e Ucraína, no país xa se comezan a barallar diversas posibilidades de cara a Eurovisión 2017. Así o confirmou Vitali Klitschkó, alcalde de Kiev, que asegurou que xa comezou a ter conversacións para prover aos visitantes unhas infraestruturas, hoteis e seguridade decente de cara á celebración do evento. O alcalde da cidade que xa acolleu o Festival en 2015, aproveitou para dar a súa noraboa a Jamala e para propoñer o estadio Olympiysky, cunha capacidade para 70.000 persoas, como recinto sede do concurso europeo, engadindo:

Estou moi orgulloso do meu país e moi agradecido a Jamala pola súa victoria, que é moi importante. Kiev será de novo a sede de Eurovisión e faremos todo o necesario para sediar a competición co máximo nivel. Xa comezamos a preparalo.

Segundo a prensa ucraniana, só Odessa e Kiev manifestaron, ata o momento, as súas intencións de acoller o Festival de 2017.

Erro nas votacións do xurado de Dinamarca: Ucraína perdería 12 puntos

Ucraína perdería 12 puntos da clasificación final de Eurovisión 2016. Os votos da membro do xurado de Dinamarca, Hilda Heick, foron anunciados incorrectamente. Así o anunciou esta mañá a ex cantante danesa á prensa do país, asegurando que suministrou os votos de forma incorrecta xa que os seus 12 puntos serían entregados a Australia e non a Ucraína, como finalmente ocorreu. Olle, deseguido, a explicación do ocorrido:

 

TOP10 entregado de maneira incorrecta:

  1. Xeorxia
  2. Ucraína
  3. Croacia
  4. Armenia
  5. Serbia
  6. Alemaña 
  7. Austria
  8. Malta
  9. Chipre
  10. República Checa

TOP10 que realmente a membro do xurado quería outorgar:

  1. Australia
  2. Países Baixos
  3. Rusia
  4. Francia
  5. Bélxica
  6. España 
  7. Suecia
  8. Israel
  9. Italia
  10. Polonia

Desta maneira, os votos afectarían deste modo á votación global do xurado dinamarqués:

  1. Australia – 12 points (en lugar de 10 points)
  2. Netherlands – 10 points (Recibiría 3 puntos máis)
  3. Belgium – 8 points (Sen variación)
  4. Sweden – 7 points (Recibiría 3 puntos máis)
  5. Bulgaria – 6 points (Sen variación
  6. Spain – 5 points (Recibiría 4 puntos máis)
  7. Israel – 4 points ( " 2 máis)
  8. Russia – 3 points (3 máis)
  9. France – 2 points (2 máis)
  10. Lithuania – 1 point (4 máis)

A votación xeral quedaría así:

  1. Ukraine – 522 points (Loses 12 points)
  2. Australia – 513 (Gains 2 points)
  3. Russia – 494 (Gains 3 points)
  4. Bulgaria – 307
  5. Sweden – 264 (Gains 3 points)
  6. France – 259 (Gains 2 points)
  7. Armenia – 249
  8. Poland – 229
  9. Lithuania – 196 (Loses 4 points)
  10. Belgium – 181
  11. The Netherlands – 156 (Gains 3 points)
  12. Malta – 153
  13. Austria – 151
  14. Israel – 137 (Gains 2 points)
  15. Latvia – 132
  16. Italy – 124
  17. Azerbaijan – 117
  18. Serbia – 115
  19. Hungary – 108
  20. Georgia – 104
  21. Cyprus – 96
  22. Spain – 81 (Gains 4 points)
  23. Croatia – 73
  24. United Kingdom – 59 (Loses 3 points)
  25. Czech Republic – 41
  26. Germany – 11

Diversas persoalidades e senadores rusos apelan ao boicot de Eurovisión 2017 trala victoria de Ucraína

Este Festival de Eurovisión 2016 que recén acaba de rematar semella convertirse nun dos máis polémicos da historia e todo trala victoria onte no Globen Arena de Jamala, a representante ucraniana, que coa súa canción "1944" retrataba a historia da súa avoa e os centos de tártaros de Crimea que foron deportados a Asia Central por Stalin.

 

Tal e como se esperaba, a victoria da cantante foi hoxe fortemente criticada en Rusia, país que xa pedira a retirada da canción por conter consignas políticas, algo que non foi ratificado pola UER, que permitiu a participación da cantante no evento, unha participación que semella sairá cara para o prestixio do festival, ao que moitos atacan por facer dunha vez por todas e oficialmente visible a presenza de política no evento.

 

No país máis grande do mundo, varias persoalidades apelaron ao boicot do que xa califican de "Politvision" o ano que ven e rexeitan a victoria ucraniana como "política" en contra do candidato ruso Sergey Lazarev, que si dou a noraboa a Jamala. Por outro lado, o senador Frantz Klintservich afirma que non foi "Jamala e Ucrania quen gañou o festival, senón que a política gañou á arte". Por se isto non fose pouco, o presidente do comité dos negocios rusos asegurou que a "xeopolítica" gañou e que esta victoria dara "ás aos dirixentes ucranianos aínda que Ucraína coa victoria do evento acaba perdendo" retrocedendo nos procesos de paz coa Federación Rusa e engade que "Ucraína perdeu o que quería: a paz, e acabou gañando a guerra".

 

No lado positivo, o presidente ucraniano asegurou que "a canción e a actuación foron incríbles. Toda Ucraína diche grazas!". Jamala acabou asegurando onte na conferencia de prensa posterior ao evento que "esta canción era mellor que non existise".