A televisión suíza aplica cambios na súa final nacional que terá lugar o 7 de febreiro
Tras dous anos sen conseguir pasar á final do Festival de Eurovisión, a televisión suíza aplicará unha serie de cambios na súa final nacional para facer desta unha final máis competitiva e adaptada ás discográficas. Un dos cambios consiste na eliminación a parte do concurso que se producia por internet e no que os espectadores podían elixir que artistas pasarían á seguinte fase.
A partir de agora, os clasificados que terán a oportunidade de representar ao país en Ucraína, serán elixidos por un grupo de 20 expertos entre os que se atoparán músicos, xornalistas e produtores musicais. Oitenta artistas serán elixidos na primeira ronda, dos que tan só unha decena deles serán elixidos polo xurado para competir por representar ao país o vindeiro 7 de febreiro do vindeiro ano. Outro dos cambios implantados consiste en que o público terá o 100% da decisión final na elección do representante.