Quince días despois do feche da inscripción para os países participantes en Eurovisión 2017, dous países xa teñen representante: Chipre, do cal xa informabamos o outro día e Países Baixos, cuxas representantes coñecemos hoxe. A televisión pública do país (AVROTROS) confirmou ao trío O'GN3E como abandeiradas da bandeira holandesa na vindeira edición do festival máis seguido de Europa. O trío de cantantes subiráse ao escenario de Kiev cando se cumplen dez anos da súa participación en Eurovisión Junior, momento dende o cal a súa popularidade aumentou no país.
Amy, Lisa e Shelley, formantes do grupo, naceron en Drodecht (Holanda) en 1994 e 1995, respectivamente. A súa carreira está marcada pola súa participación na edición junior de Eurovisión, onde obtiveron a undécima posición, algo que non impediría a súa fichaxe por unha discográfica, coa que chegarían a publicar dous traballos musicais. Máis recentemente participaron na edición holandesa de "The Voice", que as levou á fama e a publicar ata catro singles. O pasado 30 de setembro, publicaron "We got this", un traballo que acadou a primeira posición de ventas no seu país.
O trío OG'N3E sucederá así a Douwe Bob, representante do país en Estocolmo, na lista de representantes holandeses no concurso e intenterán levar ao país ao máis alto do ranking eurovisivo.
Esta mañá, a Unión Europea de Radiodifusión, fixo pública a lista oficial de participantes no vindeiro Festival de Eurovisión, unha lista conformada por 43 países. En canto ás diferenzas co pasado ano, atópase que Bosnia e Hercegovina non participará por motivos económicos, mentres que Romanía volve logo dun receso en 2016 debido á alta débeda que a TVR tiña contraída coa UER. Tamén Portugal volta ao concurso. Australia estará tamén presente, e é que Ola Sand considera xa "esencial" a participación do país oceánico no concurso. Ante a pregunta de se haberá algunha estrea no concurso, o produtor executivo asegura que en decembro "discutiráse a participación de Kazakstán", pero que por motivos loxísticos o número de participantes non podería ser superior aos 43 ou 44 países.
· Albania · Alemaña · Armenia · Australia · Austria · Acerbaixán · Bélxica · Bielorrusia · Bulgaria · Chequia · Chipre · Croacia · Dinamarca · Eslovenia · España · Estonia · Finlandia · Francia · Hungría · XeorXia · Grecia · Irlanda · Islandia · Israel · Italia · Letonia · Lituania · ARI Macedonia · Malta · Moldavia · Montenegro · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · Rusia · San Marino · Serbia · Suecia · Suiza · Ucraína
A 21 de Outubro, sen contar aínda coa lista definitiva de países participantes, xa sabemos o nome dun dos artistas que se subirán ao escenario do Festival de Eurovisión 2017.
Trátase de Hovig, que foi confirmado hoxe coma representante de Chipre no evento. Xoven e de orixe armenio, Hovig viviu dende ben pequeno na illa mediterránea, onde acadou a fama tralo seu paso polo coñecido programa "The X factor".
Ademais, intentou representar ao país no festival europeo en dúas ocasións (en 2010 e 2015). 35 anos despois do seu debut, Chipre intentará así, por que non, gañar o concurso musical máis popular de Europa.