Finlandia e Letonia abrirán as semifinais de Eurovisión 2016
A televisión pública sueca (SVT) e a UER anunciaron onte á mañá a posición na que actuarán os diferentes países nas semifinais do Festival de Eurovisión 2016, para cuxo inicio quedan tan só 31 días.
O método elexido para decidir esta orde foi o mesmo ca dende 2013 posibilitando un espectáculo máis "emocionante" de maneira que as cancións do mesmo estilo musical non teñan lugar de maneira seguida. Desta maneira, Finlandia e Letonia abrirán a primeira e a segunda semifinal respectivamente, sendo Malta e Bélxica os encargados de pechar cada unha das eliminatorias antes de coñecer o nome dos dez finalistas, finalistas que serán elixidos polos xurados e o televoto europeo.
As semifinais de Eurovisión 2016 terán lugar os días 10 e 12 de maio no Globen Arena de Estocolmo e poderán ser seguidas en España mediante La 2 de Televisión Española a partires das 21:00 CET así como tamén en YouTube e en eurovision.tv.
Mire, deseguido, a posición dos participantes nas semifinais.