A SVT xa prepara a vindeira edición do "Melodifestivalen"
Trala organización do Festival de Eurovisión deste ano en Estocolmo, a televisión pública sueca, a SVT xa prepara a vindeira edición do "Melodifestivalen", o popular programa no que se elixe ao representante sueco no evento europeo.
Christer Björkman, produtor executivo do programa avanzou que o equipo da SVT xa pensa na preparación e organización da gala do vindeiro ano, engadindo que o reglamento para participar estará dispoñible nunhas semanas xunto con máis detalles do evento.
Así mesmo, poucas semanas despois de acoller Eurovisión 2016, Björkman avanzou que "xa comezaron a traballar no deseño do escenario e tamén a debater diferentes aspectos do programa", programa de grande audiencia na SVT1.