Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A televisión grega elixe a dedo a Europond (agora Argo) coma representantes do país en Estocolmo

A ERT, a televisión pública grega confirmou hai apenas uns minutos o nome dos seus representantes en Eurovisión 2016. Trátase de Argo (anteriormente coñecidos coma Europond), un grupo de sons étnicos que viaxará a Estocolmo para representar ao país cunha canción en grego que "exprese a situación política do país". 

O anuncio oficial ten lugar logo dos fortes rumores que nas últimas horas apuntaban á banda de Salonica coma a encargada de viaxar a Estocolmo. A banda está formada por Christina Lahana (vocalista), Maria Ventikidou (corista), Vladimiros Sofianides (vocalista), Kostas Toupouzis (pontiac lira) e Elias Kesides (corista). 

 

Esta é a primeira vez dende 2001 que os representantes do país heleno son elixidos internamente, algo que de seguro suscitará a polémica entre moitos dos eurofans gregos. A canción coa que Argo viaxará á capital sueca será anunciada en breve. A banda experimentará así un cambio de nome ao viaxar ao Globen Arena, un cambio acerca do cal a ERT non esgrimiu ningún motivo.