Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

ALEMAÑA: NOVO FORMATO PARA A FINAL NACIONAL

Logo do null points obtido pola representante alemá en Viena, Ann Sophie, a emisora estatal ADR/NDR anunciou que haberá cambios no "Unser Song für Schweden", a final nacional na que se elixirá o representante do país en Estocolmo. Para facer estes cambios, o canal de televisión basouse na final nacional sueca, o coñecido Melodifestivalen. Ademais, o equipo da televisión alemá adicado a Eurovisión, dixo que "a selección de 2016 será unha auténtica revolución no país" e anuciou como funcionará esta final nacional moito máis renovada, que contará con catro fases: 1.ª Fase - Os interesados en participar na competición deberán presentar as súas cancións na plataforma online da emisora, entre o 1 de setembro e o 11 de outubro. 2.º Fase - Un xurado profesional escollerá un conxunto de candidatos que actuarán en seis espectáculos transmitidos polo canal Einsplus, entre novembro e decembro. 18 candidatos pasarán á seguinte fase, sendo selecionados por un xurado profesional. A 3.º fase contará cos 18 candidatos elixidos que serán divididos en tres espectáculos, cuxas datas previstas son os días 12, 19 e 26 de febreiro, onde serán selecionados os 12 candidatos para a Gran Final. Un destes doce candidatos xogaranse, o 3 de marzo, o título para representar ao país no Festival de Eurovisión 2016.