Austria confirma que tamén participará en Ucraína
A ORF, a televisión pública de Austria, confirmou esta tarde que estará de novo presente no Festival de Eurovisión en 2017, Festival no que celebrarán a súa 50 participación no concurso, concurso que medrou en popularidade no país trala victoria en 2014 de Conchita Wurst e a posterior organización do pasado Festival de 2015.
A televisión austriaca non confirmou de momento máis detalles sobre o método que empregarán para elixir á sucesora ou sucesor de Zoë, representante do país en Estocolmo que obtivo a 14 plaza da clasificación. Con Austria, xa son 18 os países que confirmaron a súa participación en Ucraína.