Barei convenceu ao 38,22% do televoto de 'Objetivo Eurovisión' sendo así tamén a favorita do público
A web relacionada co Festival de Eurovisión en Radiotelevisión Española deu a coñecer esta mañá os resultados do televoto da gala "Objetivo Eurovisión", na que un xurado de plató (Carlos Marín, Edurne e Loreen), un xurado internacional e o televoto elixiron a Barei coma representante de España en Eurovisión 2016. A audiencia votou así da seguinte maneira:
Barei: 38,22
Xuso Jones: 29,55
María Isabel: 15,69
Electric Nana: 6,21
Maverick: 6,01
Beltrán: 4,23
Ademais, RTVE pediu disculpas polo erro ocorrido nos SMS que a operadora cobrou a 1,45€ en lugar de a 1,09€ (0,90€ + IVA) coma fora anunciado e pediu aos afectados que reclamasen o diñeiro ás súas respectivas compañías telefónicas.