Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Barei, invitada á Final Nacional de Ucraína este Sábado.

Unha semana despois de coroarse coma a representante de España, Barei xa pensa en viaxar por toda Europa para promocionar a súa canción, "Say yay", que segundo puidemos ver en ata dez "tops" en YouTube, Barei é a favorita dos seis dos 43 representantes que se coñecen ata o momento. 

 

A primeira oportunidade para promocionar a candidatura de España de cara Eurovisión 2016 chega dende Ucraína. Sí, leron ben. A televisión pública do país do Este invitou a Barei a acudir este sábado á segunda semifinal do Nacionalnij Vibdir, a final nacional na que se elixirá o representante da nación na súa volta a Eurovisión. Esta invitación confirmouna esta tarde a cantante no show "Yu no te pierdas nada" no que tamén dixo que viaxará dende "Moscú ata onde sea" para promocionar "Say yay". Veremos se finalmente Barei acude o sábado a Kiev e deleita ao público ucraniano