Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Barei representará a España en Estocolmo con "Say Yay"!

O momento chegou e xa temos representante! Barei será a representante de España en Eurovisión 2016 cunha canción moderna, moi alegre e motivadora: "Say yay". A cantante, que tamén compuxo a súa canción ten o mérito tamén de ser a única aspirante de "Objetivo Eurovisión" en non contar co apoio dunha discográfica. A cantante madrileña impúxose así aos demais aspirantes no voto do xurado de plató, onde os tres membros (Edurne, Carlos Marín, Loreen) outorgaronlle a máxima puntuación e destacaron a boa proposta que ofrecía e tamén no televoto, que levou á cantante a convertirse na próxima representante de España no festival máis recoñecido e seguido de Europa.

 

Ademais, Barei obtivo o segundo posto na votación dos xurados internacionais, que deron a sorpresa outorgando máis votos a Salvador Beltrán. Por outro lado, co cómputo total dos votos, Xuso Jones obtivo o segundo posto con 94 puntos, seguido de Salvador Beltrán, María Isabel, Electric Nana e Maverick, que obtivo a menor cantidade de votos.

 

En canto á gala hai que destacar que foi criticada nalgúns momentos pola calidade do son, ainda que foi alabada por ofecer a varias maneiras de pensar a decisión de elixir ao representante español. Finalmente, a gala foi seguida por 1.669.000 espectadores e un 9,1% de cota de pantalla, un dato mediocre pero similar ou superior ao de anteriores seleccións. Cabe destacar tamén, que neste sentido, o programa máis seguido da noite tivo unha audiencia de 2,3 millóns de seguidores.

 

Dende mundoeurovision queremos dar o noso apoio a Barei e darlle a noraboa a unha artista que demostrou que con creatividade e gañas todo e posible. Moito ánimo Barei!