BOSNIA E HERZEGOVINA CONFIRMA PROVISIONALMENTE A SÚA PARTICIPACIÓN EN ESTOCOLMO
A televisión pública de Bosnia e Herzegovina entregou os papeis necesarios á UER para confirmar de maneira provisional a súa participación no Festival de Eurovision 2016.
Isto significa, de maneira máis sinxela, que poderemos ver ao país participando sobre o escenario do Globen Arena de Estocolmo por primeira vez dende o 2012, ano en que o estado se retirou debido a problemas económicos polos que atravesaba o ente público.
Polo momento, debemos esperar ata o vindeiro 10 de outubro para confirmar se finalmente o país continúa a súa carreira cara o Festival do vindeiro ano ou polo contrario, continúa fóra da competición.
O país confirmou nun principio a súa participación no festival celebrado en Viena, pero retirouse polos problemas económicos.
FONTE: Faktor.ba