ISTO É CERTO: TVE ANUNCIARÁ MAÑÁ AOS 6 ASPIRANTES A EUROVISIÓN 2016!
Si. O de Bertín Osborne foi unha inocentada máis. Pero isto xa non o é. Mañá, TVE dará a coñecer aos seis artistas que aspirarán a representar a España en Eurovisión 2016 e faráo entre as 10:30 e as 13:00 para dar lugar a unha maior expectación. TVE anunciará aos aspirantes da seguinte maneira:
- Ás 10:30, daráse a coñecer o primeiro dos aspirantes.
- Ás 11:00, o segundo deles
- Ás 11:30, o terceiro
- Xa ás 12:00, o cuarto dos aspirantes
- Ás 12:30, o quinto
- E as 13:00, o sexto elixido.
Para seguir a información que vaia xurdindo, mantéñanse atentos a RTVE.es, a mundoeurovision e ás redes sociais, nas que de seguro a etiqueta #AspirantesEurovisión convertírase en trending topic. Ata mañá!