Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Justin Timberlake actuará no intervalo da grande final de Eurovisión 2016

O Festival de Eurovisión chega esta semana oficialmente ás nosas vidas e ademais con unhas cantas sorpresas, sorpresa como a que descubriamos onte mediante a web oficial do festival. O popular artista americano Justin Timberlake será unha das grandes estrelas invitadas que actuarán o vindeiro sábado na grande final do evento. Trala actuación dos 26 finalistas, o cantante estadounidense de 31 anos subiráse ao escenario e interpretará "Can't stop the feeling", a súa nova canción que lanzou ao público xa o pasado venres 6 de maio e que formará parte da banda sonora oficial da película de animación "Trolls", da produtora DreamWorks.

Esta actuación podería explicarse, entre outros motivos, debido a que este será o primeiro ano que o Festival de Eurovisión poida ser seguido en directo en Estados Unidos grazas ao acordo firmado entre a UER e Viacom, grazas ao cal a canle Logo TV emitirá o evento.

Dende a organización do festival, o produtor executivo deste afirman estar "emocionados" de contar coa participación do artista no evento musical máis seguido de Europa e máis alá e engaden que "supón un extra" que a canción do artista americano estea tamén escrita polos compositores suecos Max Martin e Shellbak.