Nina Kraljić representará a Croacia no seu regreso a Eurovisión
Croacia xa ten representante na súa volta a Eurovisión e dous anos despois da súa última participación tamén en territorio sueco, será Nina Kraljić, gañadora da edición croata de "The Voice" o ano pasado, a encargada de viaxar a Estocolmo para intentar convencer ao público.
A decisión comunicouna esta mañá a HRT, a televisión pública do país que se decantou así por unha selección interna para a elección da súa representante. Os rumores da participación de Nina xa corrían o ano pasado cando a cantante afirmou que "ir a Eurovisión sempre fora o seu soño" e faráo así realidade sobre o Globen Arena.
En canto á canción, Nina declarou que a canción será "algo diferente e especial aínda que fiel ao seu estilo e incluindo elementos modernos"