Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

O Festival de Eurovisión emitiráse por primeira vez nos Estados Unidos

"A EBU ten o privilexio de anunciar que o Festival de Eurovisión será emitido por primeira vez nos Estados Unidos". Así anunciou onte a Unión Europea de Radiodifusión a firma do acordo con Viacom Networks para emitir o Festival europeo nunha das cadeas dependentes da empresa, a cadea Logo TV, unha cadea dirixida ao público do colectivo LGTB e na que desembocará a primeira edición do evento europeo emitida en terras estadounidenses. Dende a UER atópanse satisfeitos da firma deste acordo que permitirá que o festival chegue a unha canle dispoñible para 25 millóns de persoas nos Estados Unidos.