Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

O Reino Unido aposta por Joe & Jake para viaxar a Estocolmo

Esta noite foi o turno dos espectadores do Reino Unido para elixir aos seus representantes en Eurovisión 2016 e é que nesta gala, co nome de "You decide", o 100% da votación veu directa do público. Finalmente, e tralas seis actuacións os espectadores británicos optaron por Joe & Jake coma os encargados de representar ao seu país en Estocolmo. Os dous artistas, entre os que se atopa un concursante de "The Voice", foron elixidos superando á grande favorita da noite, Bianca e cantarán a canción " You're not alone". A gala "Eurovision You decide" estivo presentada polo coñecido Graham Norton e contou coa actuación entre outros, de Måns Zelmerlöw. Mellorará o Reino Unido os seus resultados no concurso? A resposta, o 14 de maio.