Semifinal 1: Grecia e Bosnia quedan fora da final por primeira vez nunha gala na que se homenaxeu aos refuxiados
O "Heroes" de Måns Zelmerlöw volveu soar e fíxoo en acústico e cun coro formado por 44 nenas e nos, dos que un deles representou ao monicreque da escenografía que conquistou a toda Europa en Viena. Así comezou onte a primeira semifinal de Eurovisión 2016, unha semifinal na que dezaoito países loitaron por convertirse nos primeiros dez finalistas, finalistas entre os que houbo algunha que outra sorpresa.
A gala comezaba ao ritmo de "Sing it away", a canción de Sandhja, representante finesa que non tivo tanta sorte como esperaba. Tampouco Grecia, que coa súa "Utopian Land" con ritmos pónticos e rap deixou ao país por primeira vez fora da final. Sen clasificarse quedou tamén Bosnia e Hercegovina, que tras tres anos sen participar foron representados polo cuarteto formado por Deen, Dalal, Ana Rucner e Jala.
A noite continuou coas demais actuacións e logo co interval act, desta vez adicado aos refuxiados en forma dunha peculiar e traballada coreografía baixo o título de "Grey People" ("Xente gris "). Trala actuación e os repasos das cancións, os presentadores Petra Mede e Måns Zelmerlöw recibiron poñendo en proba as súas dotes lingüísticas, aos representantes de España, Francia e Suecia, de cuxas actuacións se puido ver un minuto.
Xa cara ao final do programa o momento de máis nervios da noite chegou e os dez países finalistas foron anunciados. Aínda que non houbo grandes sorpresas, si que destacou a non clasificación para a final de Estonia e espacialmente de Islandia que malia a unha grande actuación de Greta Salóme non conseguiu o pase á final.
Por outra banda, destacaron os numerosos erros da organización co grafismo durante a gala e tamén a sanción a Armenia, que era coñecida hoxe, logo de que a representante do país Iveta Mukuchyan ondease, durante o repaso das cancións, a bandeira do territorio disputado entre Acerbaixán e Armenia do Nagorno-Karabakh. " O próximo país que leve a cabo unha acción deste tipo enfrontaráse á descalificación", advertiu a UER nun comunicado. Finalmente, os dez finalistas foron:
- Armenia – Iveta Mukuchyan – LoveWave
- Austria – Zoe – Loin D’ici
- Azerbaijan – Samra – Miracle
- Croatia – Nina Kraljic – Lighthouse
- Cyprus – Mins One – Alter Ego
- Czech Republic – Gabriela Guncikova – I Stand
- Hungary – Freddie – Pioneer
- Malta – Ira Losco – Walk On Water
- The Netherlands – Douwe Bob – Slow Down
- Russia – Sergey Lazarev – You Are The Only One