Xeorxia dará o toque de rock en Eurovisión 2016 con "Midnight Love"
A televisión pública de Xeorxia (GBP) revelou esta noite a canción coa que Nika Kocharov e Young Georgian Lollitaz representarán ao país no escenario do Festival de Eurovisión 2016. O xurado invitado pola televisión xeorxiana e composto por Andy Mikheev (xornalista), Christer Björkman (produtor de Eurovisión 2016) e Sasha Jean Baptiste (director) e Marvin Dietmann (deseñador) decidiron que sexa "Midnight Love" a canción que viaxe a Estocolmo, unha canción de rock que marca o estilo do grupo representante. A votación quedou da seguinte maneira:
1. Midnight Gold - 82,50
2. Sugar and Milk - 36,60
3. Right or Wrong - 30,57
4. We Agree - 30,42
5. Pain in My Heart - 27,84
Pode ver deseguido a actuación neste vídeo: